Hoxe varios pequechos trouxeron froitos do outono á clase:
* MARTÍN trouxo FIGOS e FOLLAS DE FIGUEIRA, uns froitos típicos deste mes, (finais de verán comezos do outono). Observamos detidamente a forma tan particular das follas, a súa cor, e a súa textura que pola parte dianteira era moi áspera, case como unha lixa, e polo embés era moito máis suave. Tamén observamos a forma e cor dos figos e abrimos un á metade para ver como eran por dentro (a parte que se come). Despois puidemos tocar e ulir os figos e as follas.
* MARIÑA e ANXO DOVAL trouxeron OURIZOS DE CASTAÑA. Os de Mariña eran pequerrechiños, aínda non medraran de todo, e por iso eran de cor verde. Os de Anxo Doval eran máis grandes de cor marrón, e xa abriran, de xeito que se lle vían as castañas de dentro. Recordamos que a árbore que dá as castañas chámase CASTIÑEIRO.
Moitas grazas por traer cousas ao cole para ensinárllelas aos vosos compañeiros e así poder aprender algo novo xuntos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.