Como xa sabedes, decidimos aprender algo máis sobre VINCENT VAN GOGH. Hoxe dosu pequechos trouxeron algo de material á aula para que forme parte do noso RECUNCHO INFORMATIVO.
MARIO trouxo un libro de arte, no que atopou un cadro deste pintor "AUTORRETRATO EN CABALLETE DE VAN GOGH". Observamos a imaxe e intentamos analizala. Primeiro falamos do que é un retrato (que é cando alguén se pinta a sí mesmo), fixámonos nos rasgos físicos de Van Gogh e nos obxectos que forman parte deste cadro: a paleta de cores, os pinceis, e o "caballete" (que lle da nome ao mesmo). No recuncho informativo puidemos ver que entre as imaxes impresas, xusto había unha, en tamañao pequeno, deste mesmo cadro.
Non sabíamos o que era un "caballete", e despois de debatir e expoñer as ideas sobre o que podía ser, explicamos se trata dun instrumento que usan os pintores para apoiar os seus "lienzos" para poder pintar.
Coma no cole temos un "caballete" decidimos ir a por el para que formase parte do noso recuncho, e de paso, apoiar o libro de Mario nel.
XULIA tamén quixo colaborar cunha aportación para o recuncho informativo, neste caso cun XIRASOL que colleu cos seus pais preto da súa casa, e que nos serve para achegarnos ao cadro de Van Gogh "LOS GIRASOLES"
Pouco a pouco o noso RECUNCHO INFORMATIVO vaise enchendo... pero aínda ten que acoller máis cousiñas!
Moitísimas grazas a Mario e a Xulia, e ás súas familias, pola súa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.