Cada día que pasa, e gracias as aportacións que os propios pequechos van traendo á aula, imos aprendendo un pouco máis sobre estas PLANTAS tan peculiares... OS XIRASOLES.
Sabemos que das SEMENTES do xirasol podemos obter varios productos:
* As PIPAS.
* O ACEITE de xirasol
Hoxe visionamos varios vídeos en internet para ver como se obtiñan estes productos, e sacamos as seguintes conclusións...
* Para poder comer as PIPAS, primeiro hai que sacalas do xirasol cando xa están maduras, secalas ao sol, e despois tostalas (por exemplo nunha tixola no lume).
* Para conseguir o ACEITE de xirasol, (á tecnica máis natural e polo que se consegue o aceite con mellores propiedades e máis natural) hai que prensar as pipas, e despois filtrar o aceite tantas veces como sexa preciso para que quede sen impurezas.
Hoxe tamén estivemos sacándolle as pipas ao xirasol que trouxo onte Sara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.