Hoxe MARIO trouxo ao cole LANDRAS e CASTAÑAS que recolleu onte pola tarde coa súa nai. Tamén colleu algunhas FOLLAS de CARBALLO e de CASTIÑEIRO que nos axudadron a identificar e asociar á arbore co froito que da.
Observamos detidamente cada folla por separado e o seu froito:
Despois xuntámolas e fomos buscando as diferenzas entre ambas:
* A FOLLA DE CARBALLO é de menor tamaño, e ten formas redondeadas, "coma ondas".
* A FOLLA DE CASTIÑEIRO é máis grande, alonfada, e ten "pequenos piquiños".
* As LANDRAS cómenas os animais: encántanlle aos porcos, os xabaríns, e aos esquíos.
* AS CASTAÑAS cómenas os animais pero tamén podemos comelas as persoas: cruas, cocidas, asadas...
Mario, moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.