venres, 24 de febreiro de 2017

ENTROIDO: DÍA 5

FESTA RACHADA!



E por fin chegou o gran día... a FESTA DE ENTROIDO




Que este ano no CPI de Pontecesures xirou en torno ao TEATRO.



Comezamos a mañá, preparando @s pequech@s para a gran festa, con axuda das mamis e algunha avoa, que coma sempre, colaboran e botan unha man sempre que o precisamos. Mil grazas!


Degustación de postres típicos do entroido para coller enerxías para a actuación. 



LISTOS!



E no pabillón puidemos gozar dunha gran festa de entroido "teatral", onde os nosos MIMOS deixaron un bo sabor de boca!



Síntome moi orgullosa do resultado, posto que dende que comezamos os ensaios, todo o alumnado de 1º e 2º de E.P. se involucraron e esforzaron consenguindo un resultado xenial, pero sobretodo, gozando e pasándoo ben! 

Aínda que todos os cursos, dende a gardería, pasando por E.I. e percorrendo toda E.P. e E.S.O. fixeron unhas actuacións estelares. Noraboa!


E despois da actuación... 



VIVA O ENTROIDO DO
CPI DE PONTECESURES!


43000 VISITAS!

Nun día de celebración, nada mellor que superar outra cifra redonda de visitas do blog...


Moitísimas grazas!

xoves, 23 de febreiro de 2017

ENTROIDO: DÍA 4

" REMEXE NO TRASTEIRO, 
E SEN MERCAR,
TESTE QUE DISFRAZAR!"



* LEMBRADE:

- Mañán é o día grande de ENTROIDO no CPI de Pontecesures, coa gran festa que imos a celebrar no pavillón, ás 11.15, á cal estades tod@s convidad@s. AGÁRDOVOS!

- As que poidades vir a axudar a maquillar @s peques, será ás 9.05, unha vez rematen de entrar todo@s. 

- Antes de comezar a festa, os artistas deben coller folgos para dalo todo... así que pedimos a vosa colaboración, para que traiades algún doce típico destas datas (filloas, orellas, rosquillas...), para que @s pequech@s traian ao cole e compartan cos seus compañeir@s. 

Moitas grazas de antemán...

E deicamañán!

mércores, 22 de febreiro de 2017

ENTROIDO: DÍA 3

"UN MANDIL DE CORES MIL!"




Que vivan os "mandados do Meco" e o ENTROIDO do CPI de Pontecesures


martes, 21 de febreiro de 2017

TALLER DE DISFRACES

Hoxe rematamos os disfraces coa axuda e a colaboracións das familias d@s alumn@s de 1º e 2º. 

De novo unha tarde moi productiva en moi boa compañía. 

Agradecer a tod@s os que colaboraron, e tamén aos que non puideron estar no taller, por motivos persoais ou laborais, xa que sabemos que de ser posible axudarían de bo gusto!


É maravilloso poder compartir momentos así, nos que familia e escola traballan unidos por e para @s pequech@s.

Grazas de corazón!




ENTROIDO: DÍA 2

"ALGO NA TESTA
QUE SEXA DE FESTA!"


luns, 20 de febreiro de 2017

ENTROIDO: DÍA 1

UNHA GRAVATA BEN "GHUAPA"!





MOCHILA VIAXEIRA: ZOE

O venres pasado, veúsenos o tempo enriba, e non puidemos abrir a MOCHILA VIAXEIRA, deixándoo para hoxe.


ZOE, comemtounos cando gozou coa lectura dos libros, sendo o seu preferido o de "O cumpreanos do rei Pericón" do que fixo un fermoso debuxo.

Ademais realizou unha das manualidades propostas no libro de "el jardín del tío Martín" xunto coa súa tía Nerea: unha eiruga pintada con témpera e bastonciños. Xenial!





Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de OMAR.






domingo, 19 de febreiro de 2017

MANDADOS DO MECO

Mañán comeza a semana de ENTROIDO no CPI DE PONTECESURES. 

Deíxovos os MANDADOS DO MECO:




AS AVES DOS NOSOS EQUIPOS

Despois de recopilar datos, curiosidades e imaxes durante toda a semana, finalmente, cada equipo reuniuse para poñer en común toda esa información, oraganizala, e posteriormente, expoñela aos compañeir@s para así dar a coñecer un pouco a súa ave.



* A partir de agora realizaremos máis actividades deste tipo, xa que hai que darlle máis protagonismo ás exposicións orais: memorizar conceptos sobre o tema a expoñer, darlle entonación e sentido ao discurso, traballar a presencia escénica, regurlar o tono do voz e volume, a pronunciación, perder a vergoña a falar en público...

PIRÁMIDE ALIMENTICIA: FROITAS E VERDURAS

Xusto un escalón por enriba dos hidratos de carbono atópanse as FROITAS e as VERDURAS, alimentos ricos en vitaminas, minerais e fibra que nos axudan a defendernos das enfermidades.



Na nosa aula, dende o principio do curso quixemos resaltar a importancia das froitas, co nosa táboa dos puntos da merenda, "COME SAN!", na que cada nen@ coloca un corazón o día que trae unha froita, e cando acada 10, recibe unha recompensa.






Esta semana colocamos o escalón das FROITAS e VERDURAS na nosa pirámide. 



Agora pasamos ao seguinte escalón, no que se atopan: carne, peixes, ovos e lácteos

xoves, 16 de febreiro de 2017

DOBRE ANIVERSARIO

Hoxe celebramos un DOBRE ANIVERSARIO,  xa que TELMO e DAMIÁN comparten data de nacemento, e neste día cumpliron  ANOS



Damián trouxo unha torta de améndoa e uns colelliños de chupachus, e Telmo trouxo un biscoito, para compartir cos seus compañeiros, que non deixaron nen as migallas do deliciosos que estaban ambos.


Encántanos festexar os aniversarios no cole!


Moitas grazas ás familas!

SORPRESAAAAA!!!!!!!

Hoxe recibimos unha gran SORPRESA...

DAVID volveu ao cole. Recibímolo con moito agarimo!


En infantil foi o noso compañeiro, pero tivo que marchar, e agora está de volta!

Fixémoslle un recibimento por todo o alto e os pequech@s fixéronlle uns debuxos como xesto de benvida. 


BENVIDO DAVID!

martes, 14 de febreiro de 2017

TALLER DE DISFRACES

Hoxe pola tarde realizamos o TALLER DE DISFRACES con axuda das mamás, papás e algunha avoa d@s alumn@s de 1º e 2º de primaria. 

Este ano o ENTROIDO xirará en torno ao TEATRO, e nós iremos de MIMOS.




Pero uns mimos uns pouco pintorescos e "carnavaleiros", cheos de cor e purpurina.







As familias encargáronse de facer uns tirantes chulísimos.





O vindeiro martes remataremos de coser os tirantes á camisola branca e de colocarlle a goma aos bombíns.

É un pracer contar con familias tan entregadas coas que se pode contar para todo.

Moitísimas grazas por todo! 

DÍA DOS NAMORADOS...

Hoxe é SAN VALENTÍN, o día do amor... e que mellor e maior mostra de amor para unha mestra que a que lle poden facer @s seus alumn@s.


@s meus pequechiñ@s regaláronme unha tarxeta con todo o seu amor acompañada de unha aperta en grupo de esas que tanto me gustan e emocionan.

Son o meu tesouro e téñenme roubado o corazón!

luns, 13 de febreiro de 2017

EQUIPOS 2º TRIMESTRE

Despois de estar case un mes gozando de mesas en U voltamos a organizar os nosos pupitres formando EQUIPOS. 




Posto que este trimestre imos a realizar un proxecto en torno ás AVES (iniciado na Candeloria) os equipos xirarán en torno a estes animais.







Unha vez formados os equipos os membros levaron unha "tarefa" para casa: pensa que aves lles gustaban para ser a insignia do seu equipo. Buscaron imaxes destas aves, escribiron os seus nomes... para ao día seguinte facer unha posta en común cos demais membros do seu equipo, explicarlle porque motivo lles gustan esas aves e entre todos elexir a favorita.


Para isto dialogaron, puxeron sobre a mesa as súas armas de convición e persuasión ata que chegaron a un acordo, e así elexir consensuadamente a "ave insignia" do seu equipo para este trimestre. 


En torno á ave elexida crearon o seu nome e fixeron o debuxo para crear o cartel de puntos do equipo.

Estos foron os resultados:





O equipo "SUPER XÍLGARO AMARELO" formado por Brais, Omar e Hiwot












O equipo MARTÍN PEIXEIRO AZUL formado por Zoe, Damián, Lara e Telmo.











O equipo de "PAVO REAL" formado por Paula, Roi, Lucía e José Luis.









*A primeira tarefa en equipo que teñen é a de recopilar información e imaxes sobre a súa ave para eleborar un panel informativo e realizar unha exposición oral en equipo a tod@s @s seus compañeir@s. 

* Na nosa aula, preparamos o recuncho informativo sobre as AVES, que iremos enchendo con todo o material que aporten @s alumn@s. 




Polo de agora colocamos as imaxes das aves descartadas na elección dos equipos e diversos libros que trouxeron relacionados co tema. 



MOCHILA VIAXEIRA

JOSÉ LUIS contoulles a tod@s @s compañeir@s, a súa experiencia cos libros da MOCHILA VIAXEIRA.

De novo, e igual que a maioría d@s alumn@s, o libro que máis lle gustou foi de manualidades de "El jardín del tío Martín", do que sacou a idea para realizar este creativo debuxo de 2 lagartos entrelazados.





Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA está na casa de ZOE