Despois de estar case un mes gozando de mesas en U voltamos a organizar os nosos pupitres formando EQUIPOS.
Posto que este trimestre imos a realizar un proxecto en torno ás AVES (iniciado na Candeloria) os equipos xirarán en torno a estes animais.
Unha vez formados os equipos os membros levaron unha "tarefa" para casa: pensa que aves lles gustaban para ser a insignia do seu equipo. Buscaron imaxes destas aves, escribiron os seus nomes... para ao día seguinte facer unha posta en común cos demais membros do seu equipo, explicarlle porque motivo lles gustan esas aves e entre todos elexir a favorita.
Para isto dialogaron, puxeron sobre a mesa as súas armas de convición e persuasión ata que chegaron a un acordo, e así elexir consensuadamente a "ave insignia" do seu equipo para este trimestre.
En torno á ave elexida crearon o seu nome e fixeron o debuxo para crear o cartel de puntos do equipo.
O equipo MARTÍN PEIXEIRO AZUL formado por Zoe, Damián, Lara e Telmo.
*A primeira tarefa en equipo que teñen é a de recopilar información e imaxes sobre a súa ave para eleborar un panel informativo e realizar unha exposición oral en equipo a tod@s @s seus compañeir@s.
* Na nosa aula, preparamos o recuncho informativo sobre as AVES, que iremos enchendo con todo o material que aporten @s alumn@s.
Polo de agora colocamos as imaxes das aves descartadas na elección dos equipos e diversos libros que trouxeron relacionados co tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.