Hai conceptos científicos que son demasiado “abstractos”
e complicados para xs alumnxs. Cando en CC. NATURAIS comezamos a traballar este tema, sobre A MATERIA, quixemos abordalo dende un enfoque
totalmente práctico, a través de EXPERIENCIAS
e de EXPERIMENTOS, que nos permitían tomar contacto
directo e “tanxible” a través dos 5 sentidos.
Abordamos conceptos como:
A MASA: empregamos unha báscula electrónica para pesar e
comparar a masa de diversos obxectos.
O VOLUME: abordamos este concepto partindo da ´fábula
do Rei Hierón, na que se relata como xurdiu o PRINCIPIO DE ARQÍMERDES.
Traballamos co concepto de capacidade: comparamos
obxectos de diferente forma pero coa mesma capacidade.
Somerxemos obxectos en auga para observar
como aumentaba o nivel e así calcular o volume en función da auga desprazada.
Despois de coñecer a masa e o volume,
pasamos a falar da DENSIDADE (concepto que é complicado pola abstracción en si mesmo):
Calculamos a densidade dos obxectos cos
que fixéramos as experiencias sobre a masa e o volume, empregando o datos rexistrados
e realizando a división pertinente (a densidade calcúlase dividindo a masa polo
volume).
Comparamos diversos obxectos segundo a
súa densidade.
Pero ao falar de densidade, case
obrigadamente, abordamos o concepto de FLOTACIÓN:
A auga é a principal substancia na que
soen flotar os obxectos, por iso partimos da súa densidade para a partir dela,
poder realizar as nosas hipóteses antes de comezar o experimento de flotación:
* DENSIDADE DA AUGA: 1g/ml
(pesamos e medimos diferentes cantidades
de auga, para que viran a relación entre peso e volume, de xeito que a
densidade sempre era a mesma
- A materia con maior densidade que auga AFUNDE.
- A materia con menor densidad que a auga FLOTA.
Fixemos as nosas “apostas”... e
comprobamos, con sorpresas incluídas.
* Fixemos unha paradiña para falar sobre
a flotación noutros líquidos diferentes ou incluso en gases.
Ao falar de flotación era “parada
obrigada” cuestionarnos: por que flotan os barcos se están feitos de materiais
máis pesados que a auga?
- Se facemos unha boliña de aluminio
(presada) afunde, pero se á mesma masa de aluminio lle damos a forma de un bote,
variando o seu volume e polo tanto a súa densidade, conseguimos que flote.
- Comprobamos que non so importa o PESO, senón DENSIDADE!
Na natureza, a materia aparece en 3 ESTADOS:
SÓLIDO, LÍQUIDO e GAS.
Manipulamos diversos obxectos para
comprobar as PROPIEDADES
DOS SÓLIDOS: fraxilidade, flexibilidade,
elasticidade, resistencia...
Para comprobar algunha das PROPIEDADES DOS LÍQUIDOS: viscosidade, volatilidade...
- Realizamos unha carreira entre aceite,
xel, crema e lavalouza... de novo fixeron apostas sobre a “pole position”.
Para falar da PROPIEDADES DOS GASES traballamos con concepto de expansión e
compresión, tendo en conta a peculiaridade dos materiais gasosos, xa que non
teñen forma nin volume fixo, xa que tenden a ocupar todo o espazo que dispoñen
adaptándose ao recipiente que os contén.
Despois desta sesión de “científicos tolos” agora cada equipo, deseñará e preparará un experimento no que abordarán
algún dos conceptos traballados hoxe, e levarano a cabo para o resto de
compañeiros.