mércores, 20 de febreiro de 2019

TRABALLO EN EQUIPO: Paisaxes


En CC.SOCIAIS estivemos traballando as PAISAXES DE ESPAÑA.
Cada EQUIPO afanouse na elaboración dun traballo sobre unha das paisaxes transformadas que podemos atopar no noso país:
AGRARIAS, INDUSTRIAIS,
URBANAS e TURÍSTICAS
- Realizamos un sorteo para ver que paisaxe lle tocaba a cada equipo.
- Buscaron información, seleccionaron e resumiron os datos que máis se axustaban.
- Buscaron imaxes sobre a paisaxe.
- Elaboraron unha cartolina informativa na que plasmaron a información e pegaron as imaxes previamente seleccionadas.
- Por último realizaron unha pequena exposición ante xs demais compañeirxs.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.