Tal día como hoxe, un 8 de MARZO do
ano 1857, miles de traballadoras do sector téxtil decidiron saír as rúas de
Nova Iork baixo o lema “Pan e rosas”, para protestar polas míseras condicións
laborais, reivindicando unha redución horaria e o fin do traballo infantil.
Foi unha das primeiras manifestacións para loitar polos dereitos das
mulleres. Con posterioridade, sucedéronse máis protestas e mobilizacións, pero,
esta primeira como referencia para fixar a data do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Hoxe en día, moitos anos despois,
seguimos celebrando este día, e traballámolo dende a aula, baixo a necesidade
de loitar pola IGUALDADE entre mulleres e homes, pero non so
este día, posto que no quefacer diario da escola traballamos cos valores que
garantan esta igualdade.
Para conmemorar este día quixemos
empregar como banda sonora a fermosa canción dunha cantante destacada da nosa
terra: GUADI GALEGO e as verbas recollidas no tema “MATRIARCAS”, feito como anel ao dedo para esta
ocasión.
FELIZ DÍA DA
MULLER
con homes encumados
rematan sempre todas
mulleres que os salvaron
da morte do intelecto
de insectos que os picaron
de turbias lendas vellas
que non queren nin lembrar.
E nos pouquiño a pouco
ímonos situando
construíndo barricadas
no país dos alalás,
nós en corpo e alma
nós comprando calma
nós cousa por cousa
sen podernos despistar.
Nós aleitadoras
Nós conquistadoras
brillantes activistas
da vida cotián.
E nós que resistimos
a séculos de forza
e nós as MATRIARCAS
do paÍs dun tal Breogán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.