CHEGOU
O GRAN DÍA!
O momento máis agardado por todo o alumnado e tamén polo profesorado e as
familias...
A FESTA DE ENTROIDO!
Este ano, no CPI DE PONTECESURES, a temática do noso Entroido foi "O MAR"
Un ENTROIDO MARIÑEIRO no que non quixo faltar ninguén: calamares, esponxas, peixiños de cores, medusas, mariñeirxs, pingüíns, polbos, surfistas, hawaianas, piratas... ata narcotraficantes, baixo a atenta mirada da policía.
Aquí tedes un petisco da nosa festa...
Ø OS CALAMARES da Gardería de Pontecesures, que abanearon
os seus tentáculos e co seu baile conquistaron o corazón de todo o
pavillón.
Ø OS BOB´S ESPONXAS máis simpáticos e marchosos de todo o fondo mariño.
Ø UNS PEIXIÑOS DE CORES moi bailongos que moveron as súas escamas facendo bailar a todo o mundo.
Ø UNHAS MEDUSAS que conquistaron coas súas fermosas danzas deixando abraiadxs a todxs.
Ø UNS MARIÑEIRXS moi festeirxs e cun gran sentido do humor que encheron o “escenario” nun
mar de risas ao son de bandas sonoras memorables.
Ø UNS PINGÜÍNS que moveron a súa
coliña con moito ritmo.
Ø UNS POLBOS xunto cxs pulpeirxs que fixeron boa conta deles para facer unhas “talladas”
deliciosas.
Ø UNS SURFISTAS que collían as olas que daba gusto mirar para elxs.
Ø UNHAS HAWAIANAS que co seu movemento de cadeiras hipnotizaron ao público, mentres intentaban escapar dunhas QUENLLAS moi perigosas.
Ø UNS PIRATAS que nos puxeron a pel de galiña co seu
combate.
Ø UNS NARCOTRAFICANTES inspirados na recoñecida serie “Fariña”, que non foron quen de librarse da
patrulla da POLICÍA.
* Durante estes días subirei ao blog os vídeos das actuacións.
VIVA
O ENTROIDO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.