mércores, 26 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

VIVA O ENTROIDO 
do CPI de Pontecesures!





O noso Entroido xira en torno aos HÁBITOS SAUDABLES:
o coidado persoal e a saúde, o coidado da natureza, a reciclaxe...

Medidas que debemos adoptar no noso quefacer cotiá para coidar ao noso planeta e a nós.


Un dos grandes problemas do noso planeta e o exceso de residuos. Para iso fomentamos unha loita coas 3 R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR.O alumnado de 1° e 2° de primaria apostou forte por esta loita e convertíronse en auténticos MONSTROS RECICLADOS para sorprendernos cuns disfraces moi orixinais que non deixaran indiferente a ninguén.


Para combatir contra os residuos, todos debemos poñer o noso gran de area, pero temos a sorte de contar coa axuda duns SUPERHEROES moi especiais.
Son expertos na reciclaxe, non deixan pasar unha.

Loitan polo ben da nosa terra cun ritmo no corpo que nos contaxiará a todos.


Outro dos hábitos máis saudables que hai é durmir... mínimo unhas 8 horas ao día.
De isto saben moito os alumnos de 5° e 6° de primaria que son uns DORMICHÓNS expertos.
Non dubidaron en enfundarse nas súas "mellores galas de noite" para amosarnos o ritmazo que teñen antes de ires para a cama.  




mércores, 5 de febreiro de 2020

XOGADE 4º


No día de hoxe, o alumnado de de E.P. gozou dun día enmarcado dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar).
Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.
Apóstase por un modelo deportivo orientado á participación do alumnado.
O obxectivo primordial desta concepción do deporte será a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos os escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA XOGADE
1. Incrementar a participación en actividades físico-deportivas en horario non lectivo das poboacións escolares, con especial incidencia no colectivo de nenas.
2. Beneficiarse do gran potencial educativo e formativo das actividades físico-deportivas e que prime a participación por riba da competitividade.
3. Impulsar a función integradora e de cohesión social do deporte.
4. Manter ou mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
5. Permitir a aprendizaxe dos conceptos técnicos e tácticos, o desenvolvemento das diferentes calidades físicas, así como a transmisión de hábitos, actitudes e valores.
6. Potenciar o xogo limpo e a deportividade.
7. Potenciar os xogos motores como instrumento base da educación.
8. Introducir os/as nenos/nenas en diferentes disciplinas deportivas mediante actividades lúdicas de carácter global.
9. Facilitar a comunicación e a convivencia dos nenos/as independentemente do nivel de práctica de cada un deles.
10. Fomentar a práctica de actividade física como hábito saudable necesario na sociedade actual.
11. Posibilitar que os nenos e nenas se divirtan realizando actividade física.
12. Acercamento aos escolares galegos das estruturas deportivas con actividade na súa localidade.
13. Fomentar os xogos tradicionais da Comunidade Autónoma de Galicia así como aqueles que aínda non sendo de orixe galega, foron e son, popularmente, empregados na nosa sociedade.
14. Promover a educación en valores a través do gran potencial educativo do que dispón o deporte como a tolerancia, o respecto aos demais e ás regras, o esforzo, a superación, a cooperación e a confianza, entre outros.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de E.P. do CPI de PONTECESURES, desprazámonos ata Catoira para xogar contra o alumnado do mesmo nivel do CPI de PROGRESO.
Aquí vos deixo unha recompilación dos momentos que viviron durante esta xornada de XOGADE.