VIVA O ENTROIDO
do CPI de Pontecesures!
O noso Entroido xira en torno aos HÁBITOS SAUDABLES:
o coidado persoal e a saúde, o coidado da natureza, a
reciclaxe...
Medidas que debemos adoptar no noso quefacer cotiá para
coidar ao noso planeta e a nós.
Un dos grandes problemas do noso planeta e o exceso de
residuos. Para iso fomentamos unha loita coas 3 R: REDUCIR, REUSAR e
RECICLAR.O alumnado de 1° e 2° de primaria apostou forte por
esta loita e convertíronse en auténticos MONSTROS
RECICLADOS para sorprendernos cuns disfraces moi orixinais que non deixaran
indiferente a ninguén.
Para combatir contra os residuos, todos debemos poñer o
noso gran de area, pero temos a sorte de contar coa axuda duns SUPERHEROES moi especiais.
Son expertos na reciclaxe, non deixan pasar unha.
Loitan polo ben da nosa terra cun ritmo no corpo que nos
contaxiará a todos.
Outro dos hábitos máis saudables que hai é durmir...
mínimo unhas 8 horas ao día.
De isto saben moito os alumnos de 5° e 6° de primaria que son uns DORMICHÓNS expertos.
Non dubidaron en enfundarse nas súas "mellores
galas de noite" para amosarnos o ritmazo que teñen antes de ires para a
cama.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.