No día de hoxe, o alumnado de 4º de E.P. gozou dun día enmarcado dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade
escolar).
Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo
fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as
idades máis temperás.
Apóstase por un modelo deportivo
orientado á participación do alumnado.
O obxectivo primordial desta concepción
do deporte será a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen
esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos
os escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen
que exista ningún tipo de discriminación.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA XOGADE
1. Incrementar a participación en
actividades físico-deportivas en horario non lectivo das poboacións escolares,
con especial incidencia no colectivo de nenas.
2. Beneficiarse do gran potencial
educativo e formativo das actividades físico-deportivas e que prime a
participación por riba da competitividade.
3. Impulsar a función integradora e de
cohesión social do deporte.
4. Manter ou mellorar o estado de saúde
a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
5. Permitir a aprendizaxe dos conceptos
técnicos e tácticos, o desenvolvemento das diferentes calidades físicas, así
como a transmisión de hábitos, actitudes e valores.
6. Potenciar o xogo limpo e a
deportividade.
7. Potenciar os xogos motores como
instrumento base da educación.
8. Introducir os/as nenos/nenas en
diferentes disciplinas deportivas mediante actividades lúdicas de carácter
global.
9. Facilitar a comunicación e a
convivencia dos nenos/as independentemente do nivel de práctica de cada un
deles.
10. Fomentar a práctica de actividade
física como hábito saudable necesario na sociedade actual.
11. Posibilitar que os nenos e nenas se
divirtan realizando actividade física.
12. Acercamento aos escolares galegos
das estruturas deportivas con actividade na súa localidade.
13. Fomentar os xogos tradicionais da
Comunidade Autónoma de Galicia así como aqueles que aínda non sendo de orixe
galega, foron e son, popularmente, empregados na nosa sociedade.
14. Promover a educación en valores a
través do gran potencial educativo do que dispón o deporte como a tolerancia, o
respecto aos demais e ás regras, o esforzo, a superación, a cooperación e a
confianza, entre outros.
Nesta ocasión, o
alumnado de 4º de E.P. do CPI de PONTECESURES, desprazámonos ata Catoira para xogar contra o alumnado do mesmo nivel do CPI de PROGRESO.
Aquí vos deixo
unha recompilación dos momentos que viviron durante esta xornada de XOGADE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.