Hoxe, 31 de OUTUBRO, celebramos o
SAMAÍN
Para moitxs é o Halloween adaptado
á nosa terra, pero, nada máis lonxe da realidade, de feito, é xusto o
contrario.
No cole traballamos esta peculiar festa, onde as CABAZAS son as principais protagonistas.
* PINTAMOS unha cabaza xigante cun pucho de meiga (xa que nós somos a Aula
Meiga).
* Contamos CONTOS e escoitamos CANCIÓNS sobre o Samaín:
CORRE CORRE CABACIÑA (canción)
https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc
CORRE CORRE CABACIÑA (conto)
https://www.youtube.com/watch?v=HrXlgpmhjnk
SAMAÍN (canción) – JESÚS PAREJA
https://www.youtube.com/watch?v=UWClF9yZRtU
NO SAMAÍN (Brinca Vai!)
https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8
SAMAÍN (Mamá Cabra)
https://www.youtube.com/watch?v=Z2QAk4sGzuM
SAMAÍN (Uxía Lambona e a Banda Molona)
https://www.youtube.com/watch?v=hy-F-bWc7F4
* DISFRAZÁMONOS de personaxes “aterradoramente
adorables”.
* Fixemos o CONXURO DE
ESPANTAR OS MEDOS:
-
Primeiro realizamos un FALADOIRO
sobre os medos de cada un.
-
Despois DEBUXAMOS os nosos medos.
-
Metemos os medos no CALDEIRO DO SAMAÍN.
-
Recitamos o CONXURO para espantar
aos nosos medos.
"CABAZA, CABACIÑA.
CABACIÑA, CABAZÓN.
LEVA O MEDO, O MEDO LEVA.
QUE O MEDO NON QUEDE NON!
CABAZA, CABACIÑA.
CABACIÑA, CABAZÓN".
* Gravamos a nosa versión da canción MEDOMEDÁ
* Como este ano a COVID-19 limita
moito o quefacer cotiá do cole, tivemos que tirar de creatividade e decidimos crear
unha EXPOSICIÓN AÉREA no patio de columnas da entrada
principal do centro (para que as familias puidesen desfrutar dela.
A temática da exposición eran VASOIRAS e PUCHOS DE MEIGA.
O alumnado de todo o centro
deixou voar a súa imaxinación e coa axuda das súas familias crearon
verdadeiras obras de arte.
EXPOSICIÓN AÉREA SAMAÍN 2020
CEIP López Ferreiro