* Esta publicación leva dende o mes de xuño do 2021 en borradores, por un fallo técnico, e ainda que xa queda atras, apetéceme moito compartila para que vexa a luz.
E como cada ano, chega o mes de xuño, case sen
decatarnos, e con el o FIN
DE CURSO!
Outro fin de curso máis... mellor dito, un
final diferente, enmarcado por unha pandemia
que marcou o sendeiro a seguir.
Un camiño que se fixo máis longo do habitual,
con máis obstáculos, con demasiadas pendentes que minaban os folgos de
estudantes e educadorxs, pero que xuntos, souberon afrontar e superar día a
día.
Ninguén se atrevía a vaticinar, no remate do
curso 2019.20, cando a COVID-19
aínda acababa de desembarcar nas nosas vidas, que un ano despois, festexaríamos
o remate dun curso no que a distancia social foi o “pan de cada día”, a
máscara, o uniforme diario, e a responsabilidade, unha constante.
Pero aquí estamos, rematando un novo curso, o CURSO 2020.21, un curso duro, pero INOLVIDABLE... que quedará marcado a
lume no pensamento e no corazón de familias, alumnxs e docentes, que se uniron
para facerlle fronte a un virus que nos botou un pulso ao mundo enteiro.
Para min foi especial, único e irrepetible!
Aló polo mes de setembro (que tan lonxe parece
que queda), comezaba unha nova aventura profesional, nun novo centro, o CEIP LÓPEZ FERREIRO.
Unha nova andaina, onde a incerteza era o marco
principal: incerteza pola pandemia, polo novo centro, polo curso, polxs
compañeirxs... Finalmente, afrontei un período de adaptación igual que o fixo o
meu alumnado de 4º de E.I.
O meu novo traxecto educativo durante este
curso non foi moi longo. Durou o primeiro trimestre (de aí a inactividade do
blog dende o mes de decembro). O motivo, foi un acontecemento máxico e
marabilloso que fixo que tivese que interromper o meu traballo... o meu EMBARAZO!
No medio dun clima de pandemia mundial, entre
ola e ola, medidas sanitarias, peches perimetrais, máscaras, vacinas... unha
nova que embriagaba o meu corazón, e supoñía unha causa de forza maior (por
recomendación médica), pola cal tiven que dicirlle adeus ao cole antes de
tempo.
O percorrido foi curto pero intenso. A
experiencia foi moi gratificante. A aprendizaxe non ten prezo.
Lévome recordos moi fermosos dun alumnado ao
que lle tocou adaptarse ao cole nun ambiente hostil: con distancia social,
cando o contacto é fundamental na educación; con máscaras que non só
dificultaban a respiración, senón que ocultaban uns rostros que precisaban xesticular
cada emoción; con protocolos sanitarios, con normas e pautas duras para xs
peques...
Pero precisamente, ante esta situación nun
ambiente inhóspito, xs peques de novo déronme/nos unha gran lección:
respectaban as normas, seguían os protocolos, e facían que o seu sorriso e a
súa ledicia traspasase calquera máscara.
Durante eses primeiros meses de curso, tiven o
pracer de desfrutar e aprender do meu alumnado, miúdo de tamaño, pero enorme de
corazón.
Agradecerlles tamén ás familias, que afrontaron
unha situación complicada e de moita incerteza, como foi a entrada no cole en
plena COVID-19. Tiven a sorte de atoparme co voso apoio e a vosa comprensión.
Grazas á vosa actitude e proximidade, o meu traballo foi máis sinxelo e
factible. Graciñas de corazón!
E por último, e non menos importante, tamén
quero dedicarlle unhas verbas as/os miñas/meus compañeirxs. Graciñas por
facerme sentir arroupada, por abrir as portas do centro e das aulas ás novas
incorporacións, por facerme sentir dende o primeiro momento parte importante do
claustro, por valorar e salientar o meu traballo... en definitiva... Grazas de
corazón compis!
O CEIP
López Ferreiro ocupará un anaquiño do meu corazón para sempre!
Agora toca desfrutar
das merecidísimas VACACIÓNS!
BO VERÁN!