Outro ano máis chega o COMEZO do curso, e non pode comezar sen que eu me pare uns segundos para dedicarlle unhas palabras especiais as/os miñas/meus PEQUECHXS do CPI DE PONTECESURES, esxs cos que naceu “a aula de Bere”, hai xa moitos anos, e que hoxe comezan unha nova etapa nas súas vidas.
As/os miñas/meus peques fanse maiores e comezan SECUNDARIA.
E agora, diríxome directamente a vós:
Hoxe comezades outra etapa nova, neste caso a da E.S.O. e imaxino que os nervios
estarán a flor de pel... ao igual que naquel setembro de 2013 cando
comezáchedes o período de adaptación a educación infantil.
Voto a vista atrás e, parece que foi onte cando comezaba a vosa etapa escolar no CPI DE PONTECESURES, e da man, fomos aprendendo e medrando xuntxs, porque tiven a sorte de seguir ao voso carón en primaria... Cantos cursos xunntxs! E curso tras curso, novas experiencias, novas aprendizaxes, moitas risas, centos de apertas en grupo, algunha partida que nos deixou co corazón partido e novas incorporacións que fixeron medrar este grupo tan marabilloso, non só en número, senón en todos os sentidos.
Xuntxs formades un grupo ÚNICO, especial, entrañable, ben complementado, unha engrenaxe perfecta que leva
funcionando nada máis e nada menos que 9 cursos... e os que vos quedan!
Dende aquí mándovos os meus mellores desexos para este curso que comeza,
moita sorte nesta nova etapa e sobre todo que desfrutedes ao máximo de todo o
que está por chegar.
Sabedes que sodes unha promoción ESPECIAL para min. Pode que pasen
os cursos, pode que pasen os anos, pode que eu me atope noutro cole, pero... SEMPRE VOS LEVO NO MEU CORAZÓN! Porque sempre seredes
as/os miñas/meus pequechxs e sempre estarei aquí para o que precisedes.
FELIZ CURSO 22.23 PEQUECHXS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.