domingo, 15 de outubro de 2023

PRIMEIROS DÍAS 23.24

Que A NOSA AULA sexa un espazo fermoso, acolledor, motivador... é un reto constante, pero que cada inicio de curso cobra un maior sentido, posto que sempre intento darlle algunha volta para conseguir impresionar ao alumnado e facer que se sintan moi a gusto nun lugar no que pasan gran parte do seu día a día, e onde tentamos aprender dun xeito lúdico e motivador.

Do mesmo xeito, hai que prestar especial coidado no deseño de propostas e actividades para, a través delas, conseguir acadar os obxectivos plantexados. 

Xogar cos intereses e motivacións d@s peques, atender as súas necesidades, favorecer o desenvolvemento das súas habilidades, buscar o efecto sorpresa... son aspectos fundamentais a ter en conta. 

A continuación, poderedes observar algunhas das propostas coas que se atoparon @s cativ@s os primeiros días de clase. 








VOLTA AO COLE!

 Este curso somos os MAIORES de Infantil.


FELIZ CURSO 23.24

FIN DE CURSO 2022.23

 Despois de tantos meses cargadiños de novas experiencias, vivencias inesquecibles, de grandes momentos de xogo, de duro traballo... tocaba DESPEDIR O CURSO por todo o alto.


FESTA DA AUGA



COLCHONETAS



MERENDOLA



FESTA DA ESCUMA



ADEUS CURS0 22.23

 

ABELLAS

 



Despois da nosa visita á APÍPOLIS, @s cativ@s espertaron o seu interese sobre as ABELLAS, de xeito que decidimos realizar un pequeno proxecto para coñecelas máis a fondo.

 







Preparamos un RECUNCHO INFORMATIVO.







E os nosos recunchos de xogo-traballo tamén se encheron de propostas sobre este pequeno insecto voador.

 






E realizamos multitude de propostas que tiñan ás ABELLAS como fío condutor.
























domingo, 17 de setembro de 2023

SAÍDA AO BOSQUE

 Volvemos a vistar o BOSQUE de a carón do cole para ver que cambios se produciron no INVERNO


Observar as árbores caducas sen follas.



As aprendizaxes máis completas fanse empregando os 5 SENTIDOS
Nas nosas saídas non só observamos, tamén tocamos, ulimos e escoitamos a natureza que nos roe. 

A contorna do noso centro ofrece multitude de oportunidades de aprendizaxe en harmonía coa natureza.

Poder saír a observar e desfrutar do noso BOSQUE é unha experiencia que non ten prezo, por iso aproveitamos moitos momentos ao longo do curso para poder desfrutar del. 






xoves, 8 de xuño de 2023

ROSALÍA DE CASTRO


 Con motivo do aniversario do seu nacemento, o 23 de FEBREIRO, comezamos a traballar coa figura da gran ROSALÍA DE CASTRO.


Investigamos un chisco sobre súa vida e obra, e enganchounos tanto, que decidimos seguir mergullándonos na historia da nosa gran poeta.







* Traballamos co poema de “XAN” para conmemorar o 8 de MARZO.








* Recitamos a carón do nos querido río Tella, o pasado 14 de MARZO, día dos ríos, un anaquiño do seu mundialmente coñecido “ADIÓS RÍOS”.



* Destacamos a relevancia de Rosalía como poeta ilustre o día da poesía o 21 de MARZO.



* Desfrutamos diariamente cos poemas da nosa Rosalía, tanto recitados como cantados.

Cantados por UXÍA SENLLE, no seu libro/CD “ROSALÍA PEQUENIÑA”, no que a cantante lle da voz varios poemas da obra de Rosalía de Castro, xunto con grandes voces da nosa música.

O libro comeza cunha canción especial, unha canción da autoría de Uxía, dedicada directamente a Rosalía, unhas fermosas verbas que se quedaron gravadas na nosa mente, e por iso decidimos facer a nosa versión desa ROSALÍA PEQUENIÑA.

 


 

 

domingo, 28 de maio de 2023

PROPOSTAS INVERNO


Co 2º trimestre, comezou unha nova estación, e fixemos un faladoiro para saber cales eran as ideas previas do alumnado sobre o INVERNO, decidimos por unanimidade traballar os BONECOS DE NEVE e as FOLERPAS.  



Estas son algunhas das propostas que levamos a cabo:




* Debuxo inicial: COMO É UN BONECO DE NEVE?





* TROQUELADO de círculos e montaxe dun BONECO DE NEVE




* MODELADO de BONECOS DE NEVE con plastilina:




* Técnica de picado: BONECO DE NEVE PERSONALIZADO






* Pintando liñas horizontais con tempera e pincel empregando coleres fríos: PORTADA TRABALLOS 2º TRIMESTRE





* Taller de grafismos: FOLERPAS




* Mural pequeno grupo: CEO DE FOLERPAS