sábado, 18 de febreiro de 2023

NADAL

NADAL 22.23



Todas as PROPOSTAS que levamos a cabo durante o NADAL, partiron do noso CALENDARIO DE ADVENTO.

Normalmente, estes calendarios, que agora se puxeron tanto de moda, agochan un chocolate, máis o noso, agochaba unha SORPRESA DIARIA en forma de: conto, mural, panxoliña, manualidade, tradición oral, manualidade...




Unha das primeiras sorpresas que tiña agochado o noso calendario era ÁRBORE DE NADAL.

A nosa árbore foi diferente e especial. Fuxindo do plástico e apostando polos materiais naturais, a nosa árbore foi de MADEIRA.

Abrimos a caixa e seguimos as instrucións para montalo (así tamén traballamos lectoescritura).


Cada alumnx colleu unha rama, despois comparamos o tamaño e ordenamos de maior a menor. Contamos cantas ramas tiña e procedemos á montaxe.

 






·    Tamén comparmos o tamaño dunhas ramas coas que fixemos unha árbore colgante que realizamos para colocar no pasillo e compartir con todxs xs nosxs compis do corredor.

 















Outra das sorpresas do calendario foi a DECORACIÓN da nosa árbore.

Empregamos BOLIÑAS de cor branca grandes e pequenas.

Antes de colocalas, contámolas para saber de que tamaño había máis.

Tamén realizamos diversas series coas bolas (traballamos lóxico matemática)





No Nadal, hai varias personaxes típicas, que se encargan de traernos agasallos en noites especiais, e aquí na nosa terra, o APALPADOR está a facerse cada vez máis coñecido.

Nós realizamos un gran MURAL que colgamos na entrada principal do cole para invitar a todo o alumnado e profesorado para que se fixese unha foto mentres o apalpador lles apalpaba a barriguiña.

 




Tamén pintamos os nosos pequenos apalpadores en pequeno grupo empregando as témperas sólidas, que tanto nos gustan.




















Elaboramos ADORNOS de madeira personalizados para agasallar nos nosos fogares.







Fixemos POSTAIS DE NADAL.








Ao longo do mes de nadal, os nosos RECUNCHOS enchéronse de PROPOSTAS relacionadas coa temática de Nadal.




LECTOESCRITURA:


 

LÓXICO MATEMÁTICA:



MOTRICIDADE FINA:



CREATIVIDADE/ARTÍSTICA:



MINIMUNDO DE NADAL:


BANDEXAS SENSORIAIS:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.