Á volta das vacacións de Nadal, na aula agardábanos unha gran SORPRESA...
Un lote de
AGASALLOS ao pé da nosa árbore.
Non podíamos esperar
a abrilos e saber de que se trataba.
Foi un momento máxico! Ver as súas cariñas de emoción cada vez que se rachaba un papel e se podía ver o que dentro escondía.
E unha vez
abertos... A XOGAR!
Non fan falta
instrucións, porque con este tipo de xoguetes, a imaxinación e a creatividade
son o principal! A liberdade é absoluta, e as posibilidades infinitas. De aí o
seu gran valor educativo, por iso pasarán a formar parte destacada da nos aula,
ocupando un lugar accesible para @s cativ@s cada día. (Ademais todos os
agasallos son de madeira, un elemento natural e sostible).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.