No mes de xaneiro realizamos unha SAÍDA á Santiago de Compostela, onde nos agardaba un OBRADOIRO DE CREATIVADE.
Chegamos a AFUNDACIÓN e, para inspirarnos, desfrutamos dunha visita guiada polas diferentes salas para observar a creatividade d@s diferentes artistas que alí tiñan expostas as súas obras.
Despois de observar, conversar, e reflexionar... a nosa inspiración e creatividade fluíu no obradoiro. Entre luces e sombras deixamos saír @s artistaz@s que levamos dentro.
E ao
rematar... de volta ao cole!
Un
día xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.