sábado, 11 de marzo de 2023

CONTACOMIGO

Na nosa aula o momento do CONTO, é algo especial. É o momento do día no que hai máxima atención e expectación. Pero sempre hai unha emoción engadida cando @ contacontos é alguén especial...

Neste caso, puidemos desfrutar de MAITE, mamá de Mauro Piñeiro, que veu á nosa aula para contarnos unha gran historia:

“OS TRES OSOS”

Un clásico que nunca pasa de moda, onde Riciños de Ouro aprende unha gran lección.


Ademais, sorprendeunos cuns agasallos moi especiais: uns marcapáxinas chulísimos!



Moitísimas grazas Maite, volve cando queiras!

 

·        E a todas as familias: agardamos a vosa visita, ANIMÁDEVOS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.