sábado, 11 de marzo de 2023

CANDELORIA

 “CANDO A CANDELORIA CHORA

MEDIO INVERNO XA VAI FÓRA.

QUE CHORE, QUE DEIXE DE CHORAR

A METADE DO INVERNO ESTÁ POR PASAR”.

 

Que día tan fermoso para darlle un lugar destacado no noso quefacer cotiá.

Realizamos un FALADOIRO sobre este día, coñecemos varios refráns e analizámolos sinalando que a Candeloria sinala que xa pasou a metade do inverno e que a partires de aí a primavera estará máis próxima. 



Tamén falamos sobre o que iso significa para as aves: as aves que migran coa chegada do inverno por mor do frío e da escasez de alimento e volven cando comeza a primavera, o que supón un aumento das temperaturas e tamén que haxa máis comida por mor da floración.


Ademáis na Candeloria CASAN OS PAXARIÑ@S!

Como son aves? Como sería o seu casamento? Como podemos debuxalas?





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.