luns, 12 de xaneiro de 2015

GOMINOLAS PERSONALIZADAS!

Nada mellor para comezar a semana e coller forzas para este segundo trimestre que cuns DOCES...

GOMINOLAS PERSONALIZADAS PARA TODOS!

MMM...



* Eso sí, despois de rematar toda a merenda...


ABRIGÁDEVOS!

Comezou a semana con moitas "baixas", non só na nosa clase, senon en todo infantil.

Así que ABRIÁDEVOS moito, para sair á rúa e que non vos colla o frío...

Poñédevos:
               ABRIGO
                       LUVAS
                                  
                                      BUFANDA
                                                
                                                     GORRO...


* E os que estades ENFERMIÑOS, espero  que vos curedes pronto.

Mándovos moitos biquiños!

venres, 9 de xaneiro de 2015


 ACABAMOS DE FACER UN SIMULACRO DE EVACUACIÓN!

BRUNO



 * Por se houbese un incendio no cole acabamos de facer un simulacro para saber como actuar no caso de estar en perigo.
Escoitamos soar o timbre moito tempo e tres veces: deixamos o que estabamos facendo, fixemos fila e baixamos polas escaleiras mantendo a calma, sen empuxar, correr nin berrar. Saímos pola porta traseira para dirixirnos ao parque onde esperamos pegadiños ao muro hata que as mestras nos avisen de que pasou o perigo.  
Neste caso tratábase tan só dunha proba, pero así xa estamos preparados por se algún día acontecese de verdade.  


xoves, 8 de xaneiro de 2015

VOLTA AO COLE!

Comezamos o 2º TRIMESTRE con moitas ganas e ilusión para seguir aprendendo...
A partir de agora os pequenos tamén escribirán no blog. Hoexe tocoulle a PAULA, porque foi a encargada do día. 
Aquí vos deixo o que escribiu: 

HOXE COMEZAMOS O COLE!

PAULA

mércores, 7 de xaneiro de 2015

FIN DAS VACACIÓNS

Marcho correndo para a cama que mañá hai que madrugar!
Espero que vos fagades o mesmo para que non se vos pequen as sábanas...

Rematan as vacacións e hai que volver ao cole!

Estou desexando vervos entrar pola porta para darvos un forte achuchón, e estou impaciente por escoitar todo o que fixéchedes este Nadal.


DEICA MAÑÁ!





martes, 6 de xaneiro de 2015

O MEU AGASALLO DE REIS

Neste día tan especial teño un pequeno agasallo para vos. Algo que que espero sorprender e encher de alegría a toda a familia...

Ahi vai...

A vosa actuación de Nadal cando estabades en 3 ANOS o Nadal pasado

Mirade que pequechiños érades... Parece mentira canto medrácehedes nun ano.


"BUSACANDO PAPÁ NOEL"


"ALL I WANT FOR CHIRSTMAS 
IS MY TWO FRONT TEETH"


Espero que vos guste tanto coma me gustou e sorprendeu a min... despois dun ano.

FELIZ DÍA DE REIS!






FELIZ DÍA DE REIS!


Gozade ao máximo deste día máxico!




luns, 5 de xaneiro de 2015

NOITE DE REIS

SSSSHHH...

          A DURMIR MEUS PEQUECHIÑOS...
       
                          QUE OS REIS MAGOS VAN A COMEZAR ...

                                                                     O REPARTO DE AGASALLOS...





Que esta NOITE MÁXICA encha as vosas casas de ILUSIÓN, AGASALLOS e SORRISOS...

sobretodo MOITOS SORRISOS!

DOCES SOÑOS

domingo, 4 de xaneiro de 2015

AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL

De seguro que durante estas datas unha das cousas que maís descaca na vosa decoración de Nadal é a ÁRBORE...

O normal é ter un abeto cheo de luceciñas, bolas, adornos, cintas, cunha estrela no máis alto... pero no noso cole ademais do ábeto clásico, que xa víchedes nalgunha publicación anterior, preparamos unhas...

 ÁRBORES DE NADAL MOI ESPECIAIS!

* Pintamos con temperas, pinceis e rodillos un gran abeto que colocamos na entrada de Educación Infantil. E para decoralo cada pequeno picou unha boliña brillante e pegoulle a súa foto.


























*Coa silueta das mans de todos os alumnos do centro, dende os de E.I. aos de E.S.O. formamos esta singular e fermosa árbore de Nadal. Repleta de vos desexos para estas datas tan máxicas.




xoves, 1 de xaneiro de 2015

FELIZ 2015

FELIZ ANO NOVO A TODOS!

Que o 2015 nos deixe 365 días plagados de alegría ilusión e cousas boas...

Para os meus alumnos espero que sexa un ano no que sigan medrando tanto física coma intelectualmente.

Xa estou quentando motores e poñendo todo a punto para o segundo trimestre...

Familias os meus mellores desexos para este ano que entrou!