luns, 13 de febreiro de 2017

EQUIPOS 2º TRIMESTRE

Despois de estar case un mes gozando de mesas en U voltamos a organizar os nosos pupitres formando EQUIPOS. 




Posto que este trimestre imos a realizar un proxecto en torno ás AVES (iniciado na Candeloria) os equipos xirarán en torno a estes animais.







Unha vez formados os equipos os membros levaron unha "tarefa" para casa: pensa que aves lles gustaban para ser a insignia do seu equipo. Buscaron imaxes destas aves, escribiron os seus nomes... para ao día seguinte facer unha posta en común cos demais membros do seu equipo, explicarlle porque motivo lles gustan esas aves e entre todos elexir a favorita.


Para isto dialogaron, puxeron sobre a mesa as súas armas de convición e persuasión ata que chegaron a un acordo, e así elexir consensuadamente a "ave insignia" do seu equipo para este trimestre. 


En torno á ave elexida crearon o seu nome e fixeron o debuxo para crear o cartel de puntos do equipo.

Estos foron os resultados:





O equipo "SUPER XÍLGARO AMARELO" formado por Brais, Omar e Hiwot. 












O equipo MARTÍN PEIXEIRO AZUL formado por Zoe, Damián, Lara e Telmo.











O equipo de "PAVO REAL" formado por Paula, Roi, Lucía e José Luis.









*A primeira tarefa en equipo que teñen é a de recopilar información e imaxes sobre a súa ave para eleborar un panel informativo e realizar unha exposición oral en equipo a tod@s @s seus compañeir@s. 

* Na nosa aula, preparamos o recuncho informativo sobre as AVES, que iremos enchendo con todo o material que aporten @s alumn@s. 




Polo de agora colocamos as imaxes das aves descartadas na elección dos equipos e diversos libros que trouxeron relacionados co tema. 



MOCHILA VIAXEIRA

JOSÉ LUIS contoulles a tod@s @s compañeir@s, a súa experiencia cos libros da MOCHILA VIAXEIRA.

De novo, e igual que a maioría d@s alumn@s, o libro que máis lle gustou foi de manualidades de "El jardín del tío Martín", do que sacou a idea para realizar este creativo debuxo de 2 lagartos entrelazados.





Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA está na casa de ZOE. 







42000 VISITAS!

A AULA DE BERE superou as...


Coma sempre, agradecervos de corazón a vosa fidelidade, posto que sen vós esto nin funcuionaría nin tería sentido!

Moitas grazas!

xoves, 9 de febreiro de 2017

A "FLORA" DO NOSO COLE

Hoxe, na sesión de ciencias naturais, aproveitamos para botar un vistazo á "flora" que estamos coidando e estudiando.

Primeiro subimos á visitar a nosa plantación particular, para descubrir que un dos TULIPÁNS, xa abriu e deixa ver a súa flor: uns pétalos blanquiños con tonos rosaceos nas puntas.


Tamén saimos ao patio a vistar as as nosas árbores.

* A tormenta da semana pasada, fixo algún estrago, e os brotes que asomaban, desapareceron... e algunha que outra pola sufriu a forza do vento.

* A MOREIRA e os PRUNOS, ademais, podáronse, de xeito, que as súas polas son moito menos longas e así búscase que medren máis fortes. 


mércores, 8 de febreiro de 2017

EMOCIÓNATE!


Hoxe fixemos algo diferente, hoxe coñecimos un pouco máis aos nosos compañeiros e valoramos o bo de cada un deles.

Con tan só unha pouca lá e moita imaxinación conseguimos facer a nosa propia "tea de araña" pero non unha calquera, unha chea de bos pensamentos e moito compañeirismo.

Todos coñecimos o que máis lle gusta a cada un e conseguimos transmitirlle aos demáis o que nos gusta del. 

Unha experiencia moi gratificante para traballar as emocións e que foi a primeira pero non será a última.




Seguiremos emocionándonos, asique...EMOCIÓNATE CON NÓS!

martes, 7 de febreiro de 2017

PIRÁMIDE ALIMENTICIA: Hidratos de Carbono

A nosa PIRÁMIDE ALIMENTICIA segue "medrando", escalón a escalón, despois de traballar a base da mesma, dándolle a importancia que se merece a AUGA, agora estivemos a traballar cos HIDRATOS DE CARBONO, que están presentes en alimentos como : pan, cereais, pasta e arroz. 

Estes alimentos son os "encargados", de proporcionarnos a ENERXÍA necesaria para o día a día, tanto física como mental.

Observamos e clasificamos os hidratos de carbono que trouxeron @s pequech@s. Pegámolos primeiro con cola a un folio, para posteriormente colocalos na pirámide, dun xeito máis sinxelo.






Agora pasamos ao seguinte escalón... FROITAS E VERDURAS!


domingo, 5 de febreiro de 2017

ÁRBORES E FOLLAS






Se lembrades, a comezos de curso, puxemos a secar e prensar, diversas follas que @s pequech@s trouxeron. 







Cando estiveron listas, comezamos a clasificalas e plastificalas. 








Asociámolas coa árbore, co froito, coa flor... Coas que temos listas, preparamos un recuncho informativo na nosa aula. 


OS NOSOS RECUNCHOS

Na AULA DE BERE, ainda que estemos na esta de deucación primaria, tamén temos RECUNCHOS; concretamente 4:

* Recuncho dos NÚMEROS.
* Recuncho das LETRAS.
* Recuncho ARTÍSTICO.
* Recuncho dos XOGOS. 



Neles, @s alumn@s, interaccionan con seus compañeir@s dun xeito máis distendido, deixando voar a súa imaxinación, xogando e aprendendo dun xeito autónomo e libre. 


xoves, 2 de febreiro de 2017

CANDELORIA




Hoxe é 2 de FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA, e segundo as tradicións populares galegas, a partir deste día veñen os paxaron para emparellar e criar. 






En Galicia era unha festa moi celebrada no ámbito relixioso e tamén no campo, como prefacio da primavera, e dicíase que era o día no que casaban os paxariños. 


Hai varios refráns que o lembran, entre eles, o que traballamos hoxe:





Para os galegos tamén é a festa da luz e do amor, ainda que hoxe é máis unha celebración relixiosa, o día no que se bendicen as candeas e incluso saen procesións ds igrexas. 

Hoxe familiarizámonos con esta celebración enmarcandoa dentro das ciencias naturais e tamén sociais. Pois esto será inicio dun novo proxecto no que aprenderemos cousas sobre as aves en particular, e despois ampliarémolo cara o mundo animal en xeral.

Xa que a Candeloria ten coma protagonistas aos paxariños, quixemos realizar unha "casiña" para eles. Deseñei unha en cartón, que despois @s pequech@s decoraron con depresores de cores. Quedounos así de chula! 






* Dentro colocamos un niño e puxemos uns "oviños" a chocar. 




Tamén escoitamos unha canción que está moi ligada co tema de hoxe, xa que os protagonistas son os paxariños.

"VOA PAXARIÑO" de Magin Blanco



* Outra das actividades programadas para hoxe, era saír ao patio, para observar a través dos prismáticos, as árbores do noso patio, e ver se había algún paxariño casando... Pero o temperal non nolo permitiu. Esperamos poder facelo máis adiante!


mércores, 1 de febreiro de 2017

O ASCENSOR DE RESTAR

Se ben é certo, que @s pequech@s levan restando dende hai tempo, agora chegou o momento de facelo dun xeito máis "formal".

Antes restábamos "quitando" do total. Agora comezamos a traballar cos termos MINUENDO e SUSTRAENDO. Comezamos a colocar as restas en vertical, e esto supón comezar a restar dicindo eso de (8-2=) " DE 2 Á 8"...

Este cambio que parece tan sinxelo, supón un verdadeiro quebradeiro de cabeza para @s peques. Por iso, para facilitar a adquisición desta destreza básica, imos empregar o ASCENSOR DA RESTA.




Consiste nunha columna de números que comeza no 0 e remata no 19 (para abarcar todas as posibilidades da resta). Cando restemos, colocarémonos no piso do sustrendo e subiremos ata o minuendo contando cantos pisos ascendemos.







Cada amlumn@ realizou o seu propio ascensor da resta "de man" para empregalo sempre que o precise, ata que saimilen e interioricen á mecánica da resta.