venres, 27 de decembro de 2019

FESTA DE NADAL

No CPI de Pontecesures despedimos o 1º trimestre cunha GRAN FESTA DE NADAL, onde todo o alumnado participa cunha actuación musical. 



EDUCACIÓN INFANTIL
"Van 3 reis en bicicleta"
" If I could fly like a snowflake"



1º E.P.
"Chegou o Nadal"
" Volver a casa por Nadal"





2º E.P.
"Árbol de Navidad"
"Turrón y Mazapán"



3º E.P.
REMIX 
"Feliz Navidad"
"Santa Claus is coming to town"
"O Apalpador"
"Xa me tardan estes magos"



4º E.P.
"Cosas de Navidad"
"Un año más"



4º + 6º E.P.
"Vois sur ton chemin"



5ºA + 5ºB E.P.
PERCUSIÓN CORPORAL
"Marcha Radetzky"






REIS MAGOS
PATRULLA CANINA
MINIOS



mércores, 25 de decembro de 2019

BO NADAL

O alumnado dede E.P. do CPI de Pontecesures deséxavos un...

BO NADAL


luns, 25 de novembro de 2019

25 N


Hoxe é un día de especial relevancia no calendario... 
25 N
DÍA INTERNACIONAL CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO


A loita a prol da IGUALDADE a través do respecto, impregna o quefacer cotián do noso centro, pero hoxe cobra especial transcendencia, xa que o 25 N está reservado para loitar unanimemente a nivel mundial contra unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Precisamente por tratarse dun problema que atinxe á sociedade no seu conxunto, dende a escola debemos traballar para eliminar calquera tipo de comportamento inadecuado, posto que como institución encargada da formación do alumnado, recae nas nosas mans esta importante labor (xunto coa familia).

RESPECTO e IGUALDADE deben ir da man, para loitar e erradicar a violencia de xénero, e que nun futuro, ogallá que próximo, non sexa preciso conmemorar esta data.  Mais, polo momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.

Este curso, todas as etapas educativas, traballaron buscando frases, lemas, slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a violencia de xénero.


Con todas elas, realizamos un mural. O profesorado realizou unha minuciosa selección, e elixiu 3 lemas que plasmamos en pulseiras de cor morada, que se repartiron entre o alumnado no día de hoxe.





venres, 1 de novembro de 2019

SAMAÍN - MAGOSTO 2019

No CPI de Pontecesures celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO.

Os corredoiros do cole enchéronse de cabazas, vasoiras, cestas de outono, e demais DECORACIÓN relacionada coa temática.






Xs alumnxs de  E.P.  elaboraron, en equipo, un “mural de Samaín” para adornar o corredor do primeiro piso. Trátase dunha cabaza inspirada na obra do artista Romero Brito. 


Antigamente, o noso Samaín, de orixe celta, foi adaptado por outras culturas dando lugar a HALLOWEEN. No noso centro o alumnado tamén ten contacto con esta festividade a través da materia de inglés, e tamén en plástica, xa que este ano contamos cun auxiliar de conversa Londinense, FILIP, que se encargou de fallarlles ao alumnado de como se celebra esta data.

Realizamos un "TRICK OR TREAT" ("Truco ou trato") moi especial, polas diferentes aulas.

* Os doces que repartimos eran dunha empresa galega que os realiza a partir de zume de froita e son sen azucre. 


Ataviados de vestimentas aterradoras, comezamos o día acudindo ao VII CERTAME DE TERROR.

alumnado da E.S.O. tíñanos preparada unha pequena 
obra de teatro na que a morte era a protagonista, nun escario moi peculiar... un cemiterio!





Entregáronse os premios aos mellores relatos, debuxos, vídeos... de terror.



Durante o certame, tamén puidemos ver as curtametraxes realizadas. 

* Os TRABALLOS premiados podedes velos no blog de “O trasno paroleiro” (Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega).

Aquí vos deixo a que realicei co alumnado ao que lle imparto PSICOMOTRICIDADE (3, 4 e 5 anos) e E.F. (1º, 2º, 3º e 4º E.P.)

  “E.F. NO SAMAÍN”


Tamén celebramos o MAGOSTO,  degustamos as exquisitas castañas.




Despois puidemos realizar XOGOS no patio:  

martes, 10 de setembro de 2019

BO INICIO DE CURSO!


Chegou o momento de despedirse das vacacións de verán, para afrontar a chegada dun novo curso.

Volver ás rutinas diarias: deitarse cedo, madrugar... pero sobretodo recuperar a dinámica do cole, sempre dende unha perspectiva positiva.
Soa triste e incluso negativo deixar todo o bo que teñen as vacacións, máis debemos afrontar con ledicia e ilusión un novo curso que se abre diante de nós, con todo o que iso supón...

Recuperar as amizades que durante o verán non puidemos ver, contarlle aos compañeiros todas as experiencias vividas durante este tempo, reencontrarse cos mestres e mestras, percorrer os corredores do centro, voltar as aulas, ollar os novos libros con ese arrecendo peculiar que albergan as súas follas, estrear o material escolar, xogar no patio e gozar deses recreos que tanto prestan...

Para algúns, a de hoxe será unha noite de nervios ante a posibilidade de que haxa un cambio de compañeiros. Pero, non hai nada mellor que coñecer a nenos novos cos que nunca tiveches oportunidade de establecer unha relación, e que seguramente poderán ser grandes amigos que se unirán aos de cursos pasados... cantos máis mellor!

A incerteza de saber que mestres nos darán clase, tamén xera curiosidade...

A noite antes do comezo do curso, a unha horas de que chegue o primeiro día do CURSO 2019.20, nas mans de todos está conseguir que sexa un curso inolvidable: ALUMNXS, MESTRXS e FAMILAS!

Carguémonos de positivismo e de ilusión!

Aprenderemos xuntos, divertirémonos, festexaremos, xogaremos, experimentaremos, medraremos, caerémonos... pero xuntos voltaremos a levantarnos, porque a aprendizaxe é un camiño que percorremos da man, avanzando xuntos, para que os logros sexan celebrados por todxs.

Para min é un pracer, un curso máis, ser mestra do CPI DE PONTECESURES, onde comecei a miña andaina alá polo ano 2010... e cada setembro comezo cargada de enerxía e ilusión ante a nova oportunidade que se abre aos meus pés, na que traballo cóbado a cóbado con alumnxs, mestrxs e familias, no preoceso de ensino-aprendizaxe, que é mutuo, pois ensinando tamén se aprende e biceversa.

Os meus mellores desexos para TODXS XS ALUMNXS en xeral, e para os do meu cole en particular!

Agárdovos mañá, cun gran sorriso, cos brazos abertos e con todas as miñas ganas e o meu corazón!

BO INICIO DE CURSO 2019.20!

domingo, 1 de setembro de 2019

ILLAS CÍES

EXCURSIÓN ILLAS CÍES
e E.P.
CPI de Pontecesures
17.xuño.2019


luns, 17 de xuño de 2019

SURF

O pasado mércores 12 de xuño, o alumnado de de primaria do CPI de PONTECESURES puido gozar dunha clase de iniciación ao SURF na praia da LANZADA a cargo da escola PRADO SURF.


luns, 10 de xuño de 2019

Vento en popa a toda... VELA!

O pasado 31 de maio, o alumnado dede primaria do CPI de Pontecesures, gozamos dunha xornada de iniciación á VELA, no CLUB GALEGO DE VELA de Vilagarcía de Arousa


Queredes ver que ben o pasamos?

sábado, 11 de maio de 2019

CAMPO LAMEIRO

O pasado 30 de Abril, o alumnado de 5º e 6º de E.P. do CPI de Pontecesures, realizamos unha saída ao:



PARQUE ARQUEOLÓXICO 
DA ARTE RUPESTRE 
DE CAMPO LAMEIRO

PÁXINA WEB - Campo Lameiro







Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro.

Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.




Ademais de poder gozar do entorno natural do parque, puidemos retrocecer milleiros de anos atrás, ata a Prehistoria, concretemente, ata o Neolótico, para mergullarnos no coñecemento da vida dun pobo que morou estas terras alá pola Idade de Bronce. No PAAR reconstruíron un poboado que nos permitiu achegarnos a súa vida e costumes. 



Tamén puidemos observar de preto os petróglifos atopados na zona, e, grazas á información da nosa guía, intentar interpretar e entender o seu significado.


Realizamos un taller moi entretido, sobre a arte rupestre. Coas nosas propias mans, creamos pigmentos para poder pintar, empregando un morteiro manual, e posteriormente, empregamos a “pintura” para deixar fluír a nosa creatividade e deixar a nosa pegada como artistas prehistóricos.


Foi moi curioso coñecer como na arte rupestre xa había grafiteiros, pois na prehistoria xa se empregaba a técnica do soprado da pintura, que puidemos aprender e poñer en práctica.

Unha gran saída!




Aquí podedes ver unha MONTAXE coa recopìlación de fotos da saída:




domingo, 28 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019


O 23 DE ABRIL festexamos o DÍA DO LIBRO no CPI DE PONTECESURES.


Dende o Equipo de Biblioteca levamos a cabo un CONCURSO DE RELATOS, no que participou o alumnado de E.P.

E.I. tamén festexou esta data, acudindo á biblioteca para escoitar os relatos gañadores e recibir un agasallo: un fermoso LIBRO para cada aula.


De entre todos os relatos presentados ao concurso, seleccionamos xs gañadorxs, que tiveron o privilexio de lerlle o seu relato xs compañeirxs na biblioteca e recibir un premio; o mellor agasallo para unha data así: UN LIBRO!



Na nosa aula, co alumnado de 5º de E.P,. levamos a cabo unha actividade na que xs nenxs buscaron na rede FRASES relacionadas coa lectura.



Lemos todas as frases en voz alta, analizándoas e reflexionando sobre o mensaxe que “agochaban” nas súas verbas... 



Todas e cada unha das frases resaltaba a IMPORTANCIA DA LECTURA nas nosas vidas: para encher de cultura e coñecementos a nosa mente, para mellorar o noso vocabulario e ortografía, para facernos viaxar sen movernos do sitio a lugares inimaxinables, para vivir aventuras incribles...

O realmente salientable, foi abrir os ollos e a mente dxs pequenxs, para que, tras o debate aberto sobre o tema e o análuse realizado, se dacatasen do importante que é ler...

LEDE!
Non importa que...
Non importa cando...
Non importa onde...
Non importa canto...
Sexa moito ou pouco... 
LEDE!

PLÁSTICA

En PLÁSTICA, estivemos “experimentando” coa técnica de pintar con acuarelas.

Pintamos un fondo, nun papel DIN A3, empregando 3 cores diferentes, intentando que ao pintar estas se fundisen e mesturasen.



Quixemos pintar deixando un exceso de auga, para poder botar sal grosa por riba, para conseguir un efecto moi peculiar e fermoso sobre o noso fondo.

Unha vez seco, empregando polas secas, cada alumnx elaborou a súa árbore, neste caso sen follas.




Aquí podedes observar o resultado: