domingo, 28 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019


O 23 DE ABRIL festexamos o DÍA DO LIBRO no CPI DE PONTECESURES.


Dende o Equipo de Biblioteca levamos a cabo un CONCURSO DE RELATOS, no que participou o alumnado de E.P.

E.I. tamén festexou esta data, acudindo á biblioteca para escoitar os relatos gañadores e recibir un agasallo: un fermoso LIBRO para cada aula.


De entre todos os relatos presentados ao concurso, seleccionamos xs gañadorxs, que tiveron o privilexio de lerlle o seu relato xs compañeirxs na biblioteca e recibir un premio; o mellor agasallo para unha data así: UN LIBRO!



Na nosa aula, co alumnado de 5º de E.P,. levamos a cabo unha actividade na que xs nenxs buscaron na rede FRASES relacionadas coa lectura.



Lemos todas as frases en voz alta, analizándoas e reflexionando sobre o mensaxe que “agochaban” nas súas verbas... 



Todas e cada unha das frases resaltaba a IMPORTANCIA DA LECTURA nas nosas vidas: para encher de cultura e coñecementos a nosa mente, para mellorar o noso vocabulario e ortografía, para facernos viaxar sen movernos do sitio a lugares inimaxinables, para vivir aventuras incribles...

O realmente salientable, foi abrir os ollos e a mente dxs pequenxs, para que, tras o debate aberto sobre o tema e o análuse realizado, se dacatasen do importante que é ler...

LEDE!
Non importa que...
Non importa cando...
Non importa onde...
Non importa canto...
Sexa moito ou pouco... 
LEDE!

PLÁSTICA

En PLÁSTICA, estivemos “experimentando” coa técnica de pintar con acuarelas.

Pintamos un fondo, nun papel DIN A3, empregando 3 cores diferentes, intentando que ao pintar estas se fundisen e mesturasen.



Quixemos pintar deixando un exceso de auga, para poder botar sal grosa por riba, para conseguir un efecto moi peculiar e fermoso sobre o noso fondo.

Unha vez seco, empregando polas secas, cada alumnx elaborou a súa árbore, neste caso sen follas.




Aquí podedes observar o resultado:


luns, 22 de abril de 2019

"NATA Y CHOCOLATE"





O pasado 10 de Abril, recibimos a visita de Alicia Borrás, unha escritora que atrapou, ao alumnado de 3º a 6º de primaria, entre as páxinas do seu libro NATA Y CHOCOLATE ,unha conmovedora historia sobre acoso escolar, que resume así a súa autora na contraportada:










“Sonia es una niña callada, triste y solitaria. La razón es que sus compañeros se meten con ella por ser albina; sufre insultos, desprecios... y Lola incluso le obliga a hacerle los deberes. Ningún adulto parece reparar en todo esto hasta que una nueva profesora llega al centro dispuesta a cambiar esa situación.”





O alumnado puido gozar dun coloquio coa escritora, onde lle plantexaron multitude de cuestións relacionadas tanto co libro, como coa súa profesión.




O broche final da visita foi a firma de exemplares.







A gran maioría do alumnado, xa me mergullou na lectura da segunda parte... “¡NATA Y CHOCOLATE, INVENCIBLES!”.







Este tipo de actividades son moi motivadoras e proveitosas para xs alumnxs, a xs mestrxs encántanos ver como se enganchan deste xeito á lectura, e se emocionan tanto cunha visita desta índole, posto que non lles daba chegado o día para coñecela en persoa.

“A LECTURA É A FÁBRICA DA IMAXINACIÓN” Jairo Gomelsky

mércores, 10 de abril de 2019

CIRCUITOS ELÉCTRICOS


Que mellor maneira de coñecer e experimentar coa ELECTRICIDADE, que facelo de maneira práctica...
Cada alumnx empregou a súa creatividade e as súas aptitudes plásticas para elaborar unha maqueta que integraba un CIRCUÍTO ELÉCTRICO.



*Un CIRCUÍTO ELÉCTRICO é un conxunto de compoñentes unidos que permiten xerar, distribuir e aproveitar a corrente eléctrica.


COMPOÑENTES
 dun circuíto eléctrico:
-XERADOR
-CABLES (condutores)
-INTERRUPTOR
-RECEPTORES





* XERADOR: produce a corrente eléctrica.
Ten dous polos (+ e -) por un saen as cargas eléctricas e por outro entran, así créase a corrente.
Hay diferentes TIPOS DE XERADORES:


-PILAS e BATERÍAS
-CÉLULAS ou PANEIS FOTOVOLTAICOS
-ALTERNADORES

* CABLES: transportan a corrente eléctrica.
* Xeralmente son de cobre, recubertos de plástico.
* INTERRUPTOR: permite cortar ou restablecer a corrente eléctrica.

* RECEPTORES: reciben a corrente eléctrica é transfórmana en luz,calor, movemento...
* LÁMPADAS, CALEFACTORES, VENTILADORES…



Aquí podedes ver a EXPOSICIÓN que realizamos con todos os circuítos no corredor do cole:











xoves, 4 de abril de 2019

CENTRO DE DÍA


Hoxe fomos de VISITA ao CENTRO DE DÍA de Valga, un lugar onde os maiores poden pasar o día gozando da compañía doutras persoas anciás, ao tempo que gozan dos coidados que precisan para o seu benestar. 



Chegamos e o persoal encargado do funcionamento do centro, recibiunos e comezamos unha VISITA GUIADA ás instalacións. Foron explicándonos que facían os maiores en cada instancia e as funcións que teñen as empregadas que traballan para mellorar a calidade de vida dos anciáns que acoden a el.



Coñecemos aos maiores do centro e puidemos charlar un ratiño con eles, coñecelos algo máis e realizarlle algunha pregunta...

Esta visita supuxo unha XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE, e como tal, levamos a cabo dúas dinámicas grupais nas que puidemos experimentar nas nosas propias carnes o que suporía estar incapacitado fisicamente.

* A primeira dinámica ía encamiñada a poder “percibir” o que sería ter unha hemiparesia (parálise dun lado do corpo)
          - Atáronnos a un compañeiro, anudando un pano ás nosas pernas, para así ter que realizar un pequeno circuíto.



* A segunda dinámica estaba dirixida a sentir una discapacidade motórica das pernas.
          - Por parellas debían realizar un percorrido nunha cadeira de rodas.


Mentres realizábamos as dinámicas, os maiores do centro non paraban de animarnos.

Unha vez realizadas ambas dinámicas, (a pesar de pasar un rato divertido) reflexionamos e puidemos chegar á conclusión de cantidade de obstáculos e dificultades coas que se atopan no día a día as persoas que teñen algunha discapacidade.

E, para repoñer forzas, agasalláronnos cun delicioso "tentempé". GRAZAS POR TODO!


Un gran día, chea de vivencias, de sentimentos encontrados, de sensibilización... UNHA GRAN EXPERIENCIA!

luns, 1 de abril de 2019

DÍA DA POESÍA + DÍA DA AUGA

21 de Marzo - DÍA DA POESÍA
22 de Marzo - DÍA DA AUGA

Para conmemorar estes días, no CPI DE PONTECESURES fixemos un 3x1: englobamos na mesma actividade POESÍA - AUGA - MAR, este último relacionándoo co día da auga, posto que o proxecto anual do noso centro para este curso é, precisamente, O MAR!

Cada aula traballou baixo a premisa de redactar POEMAS en BARQUIÑOS de papel.



Con todos os barcos realizamos unha EXPOSICIÓN na biblioteca do centro.