O pasado 10 de Abril, recibimos a visita de Alicia Borrás, unha escritora
que atrapou, ao alumnado de 3º a 6º de primaria, entre as páxinas do seu libro “NATA Y
CHOCOLATE” ,unha conmovedora historia
sobre acoso escolar, que resume así a súa autora na contraportada:
“Sonia
es una niña callada, triste y solitaria. La razón es que sus compañeros se
meten con ella por ser albina; sufre
insultos, desprecios... y Lola incluso le obliga a hacerle los deberes. Ningún
adulto parece reparar en todo esto hasta que una nueva profesora llega al
centro dispuesta a cambiar esa situación.”
O alumnado puido gozar dun coloquio
coa escritora, onde lle plantexaron multitude de cuestións relacionadas tanto
co libro, como coa súa profesión.
O broche final da visita foi a firma
de exemplares.
A gran maioría do alumnado, xa me mergullou na lectura da segunda parte... “¡NATA Y CHOCOLATE, INVENCIBLES!”.
Este tipo de actividades son moi motivadoras e proveitosas para xs alumnxs,
a xs mestrxs encántanos ver como se enganchan deste xeito á lectura, e se
emocionan tanto cunha visita desta índole, posto que non lles daba chegado o
día para coñecela en persoa.
“A LECTURA É A FÁBRICA DA IMAXINACIÓN” Jairo Gomelsky
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.