Que mellor
maneira de coñecer e experimentar coa ELECTRICIDADE, que facelo de maneira práctica...
Cada alumnx
empregou a súa creatividade e as súas aptitudes plásticas para elaborar unha
maqueta que integraba un CIRCUÍTO ELÉCTRICO.
*Un CIRCUÍTO ELÉCTRICO é un conxunto de compoñentes unidos que permiten xerar, distribuir e aproveitar a corrente eléctrica.
COMPOÑENTES
dun circuíto eléctrico:
-XERADOR
-CABLES (condutores)
-INTERRUPTOR
-RECEPTORES
* XERADOR: produce a corrente eléctrica.
Ten dous polos (+ e -) por
un saen as
cargas eléctricas e por outro entran, así créase a corrente.
Hay diferentes TIPOS DE XERADORES:
-PILAS e BATERÍAS
-CÉLULAS ou PANEIS FOTOVOLTAICOS
-ALTERNADORES
* CABLES: transportan a corrente eléctrica.
* Xeralmente son
de cobre, recubertos de
plástico.
* INTERRUPTOR: permite cortar ou restablecer a corrente eléctrica.
* RECEPTORES: reciben a corrente eléctrica é transfórmana en luz,calor, movemento...
* LÁMPADAS, CALEFACTORES,
VENTILADORES…
Aquí podedes ver a EXPOSICIÓN que realizamos con todos os circuítos no corredor do cole:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.