Hoxe fomos de VISITA ao CENTRO
DE DÍA de Valga, un lugar onde os maiores
poden pasar o día gozando da compañía doutras persoas anciás, ao tempo que
gozan dos coidados que precisan para o seu benestar.
Chegamos e o persoal encargado do funcionamento do centro, recibiunos e
comezamos unha VISITA GUIADA ás instalacións. Foron explicándonos que facían os maiores en cada
instancia e as funcións que teñen as empregadas que traballan para mellorar a
calidade de vida dos anciáns que acoden a el.
Coñecemos aos maiores do centro e puidemos charlar un ratiño con eles, coñecelos
algo máis e realizarlle algunha pregunta...
Esta visita supuxo unha XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE, e como tal, levamos a
cabo dúas dinámicas grupais nas que puidemos experimentar nas nosas propias
carnes o que suporía estar incapacitado fisicamente.
* A primeira dinámica ía encamiñada a poder “percibir” o que sería ter
unha hemiparesia (parálise dun lado
do corpo)
- Atáronnos a un
compañeiro, anudando un pano ás nosas pernas, para así ter que realizar un
pequeno circuíto.
* A segunda dinámica estaba dirixida a sentir una discapacidade motórica das pernas.
- Por parellas debían
realizar un percorrido nunha cadeira de rodas.
Mentres realizábamos as dinámicas, os maiores do centro non paraban de
animarnos.
Unha vez realizadas ambas dinámicas, (a pesar de pasar un rato divertido)
reflexionamos e puidemos chegar á conclusión de cantidade de obstáculos e
dificultades coas que se atopan no día a día as persoas que teñen algunha
discapacidade.
Un gran día, chea de vivencias, de sentimentos encontrados, de
sensibilización... UNHA GRAN EXPERIENCIA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.