Hoxe puidemos desfrutar dunha SAÍDA moi especial. Achegámonos a Compostela para desfrutar dunha nova edición de GALICREQUES.
Destacar, que a emoción xa desbordaba dende o primeiro instante montando no
autobús, porque un dos momentos máis agardados de
toda saída é a emoción do desprazamento en bus.
Chegamos ao edificio da SGAE, onde nos estaba agardando o espectáculo:
“CU-CÚ, TAS-TÁS”
O fío condutor desta obra, está no xogo infantil que leva por nome, de
feito, para coñecer ao personaxe principal, tivemos que tapar os ollos e chamar
por el.
Unha historia entretida e educativa coa que desfrutamos un montón.
Estivo xenial!
Pasámolo en grande!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.