Como molan as PEGATINAS!
No inicio do mes de setembro, mentres lle daba forma á nosa aula e ordenaba
todo o material, fixen un gran descubrimento, unha caixa enteira chea de
pegatinas de todo tipo, que debían levar aí anos e anos e anos... así que,
había que buscarlle saída!
A grafomotricidade é fundamental na etapa de eduación infantil, a través
dela, traballamos multitude de aspectos que nos axudarán a adquirir habilidades
futuras encamiñadas cara, por exemplo, a lectoescritura, o debuxo ou diversas habilidades
artísticas ou da vida cotiá. Vamos, que a grafomotricidade é unha actividade
super completa, e si a iso, lle sumamos pegatinas, imaxinádevos...
En papel continuo debuxamos trazos diversos: ondas, zigzag e quebrados.
Debuxamos no chan, e observamos a diferenza entre cada tipo de trazo.
Percorremos as liñas cos dedos e despois, en pequeno grupo, e xa sobre as
mesas, comezamos a pegar!
Foi todo un éxito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.