Menudo cambio supón dicirlle adeus ás vacacións de verán e volver ao cole, dun día para outro.
Deixamos atrás as tardes de praia, os chapuzóns na piscina, os castelos de
area, a recollida de cunchas pola beira do mar...
Pero, e se traemos un anaquiño de verán á aula?
Para recibir ao meu alumnado este curso, pareceume boa idea que a aula
estivese engalanada con cousiñas sobre O MAR!
Para xs peques a aula en si xa ía ser unha sorpresa, pois non é a mesma que
o curso pasado, así que dediqueille todas as miñas ganas e o meu esforzo para
conseguir un entorno fermoso, acolledor e motivador, xa que se trata do espazo
físico no que imos a pasar día tras día este curso, será o lugar no que xurdan
todas as novas experiencias, onde imos a convivir e aprender, a investigar e a
crear, a divertirnos e a fantasear... será o noso lugar!
A porta agardaba pechada, e para motivar a exploración do espazo e o
observación detallada do mesmo, espallei por toda a aula uns barquiños de papel
personalizados coa foto de cada peque, para que o atopasen e o collesen.
E no centro do "corcho", un cofre que agochaba tesouros cos que aprender e xogar.
Ese barquiño de papel, ademais de ser un agasallo, serviría de fío condutor
para enlazar coa temática do mar que nos guiará nas nosas aprendizaxes estes
primeiro días de curso.
Os diferentes recunchos da aula, tamén estaban engalanados con esta
temática:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.