xoves, 19 de marzo de 2015

BATIDO DE AMORODO E PLÁTANO

Estamos colléndolle o gustiño a iso de cociñar, e hoxe decidimos probar a facer un batido de froitas.

INGREDIENTES:
* Amorodos
* Plátanos
* Leite




ELABORACIÓN:

* Cortar a froita




* Añadir a leite

* Bater



A probar!


DÍA DO PAI

Hoxe é o DÍA DO PAI, e para agasallar a todos os pais dos pequechiños da miña aula, os seus fillos construiron unhas ESCULTURAS e fixeron un precioso DEBUXO.

Para elaborar as esculturas abstractas empregamos material reciclado: plastilina vella, restos de goma eva que sobraran do taller de disfraces de entroido e pinchos morunos.

Cada neno deixou sair o seu espíritu creador e todo o seu cariño para facer unha bonita escultura para regalarlla ao seu pai no seu día. 



Tamén bolcaron todo o amor polos seus pais nos DEBUXOS tan bonitos que fixeron.





FELIZ DÍA DO PAI!


mércores, 18 de marzo de 2015

LECTOESCRITURA: Letra T

* Coa letra T as palabras comezaron a fluir dende o primeiro momento. Houbo unha auténtica choiva de ideas...
Como dende que comezaron o cole o curso pasado traballamos a lectoescritura partindo da inicial e despios do resto de letras do seu nome (grafía e fonema) eles asocian esta letra coma a "T de Telmo", por iso foi a primeira palabra en sair. 



O MEU NOME EMPEZA POR T.
TELMO





* Este curso o proxecto é o fio conductor de todo o que facemos, por iso moitas palabras estaban relacionadas co tema das animais. 
(Algúns aniamais escribense diferente en galego que en castelán, pero hoxe atopamos varios que comezan igual pola mesma letra)




EU ESCRIBÍN TIGRE.
LARA





EU ESCRIBÍN TOPO.
YERAY





EU ESCRIBÍN TOUPA.
ABIGAIL     





EU ESCRIBÍN  TORTUGA.
ROI






EU ESCRIBÍN TARTARUGA.
LUCAS
     




EU ESCRIBÍN TORO.
HIWOT

  



* Outras palabras están relacionadas co seu entorno próximo, vivenzas persoais, conceptos traballados...



EU ESCRBÍN TAPA.
GABRIEL





EU ESCRIBÍN TAPÓN.
PAULA






EU ESCRIBÍN TARTA.
ZOE





EU ESCRIBÍN TERRENO.
BRUNO






EU ESCRIBÍN TELÉFONO.
ANXO





EU ESCRIBÍN TRINEO.
DAMIÁN






EU ESCRIBÍN TREN.
LUCA 




EU ESCRIBÍN TETA.
GABRIELA  







EU ESCRIBÍN TIOVIVO.
LUCÍA  





* E despois de pensar e de escribir todos xuntos na PDI, chega o momento de intentar escribir sos algunha das palabras que recordamos coa letra T.



martes, 17 de marzo de 2015

POP CAKES

Hoxe transformámonos en MINI REPOSTEIROS, e elaboramos uns POP CAKES!

Para elaborar estes doces viñeron á nosa clase os alumnos de 3 anos.


O primeiro de todo para elaborar esta receita, foi preparar os INGREDIENTES: 
* GALLETAS
* LEITE CONDENSADA
* SIROPE DE CHOCOLATE (para decorar)

ELABORACIÓN:

* Triturar as galletas


 * Añadir a leite condensada e remexer ata que 
quede unha pasta compacta.

* Coller anaquiños de masa para facer boliñas.

* Botarlle un pouco de sirope de chocolate por riba.


* Comelas!

Un gran día coas "mans na masa"!

Aconséllovos que probedes esta receita tan sinxela á vez que saborosa. Pasaredes un rato entretido cos vosos pequenos.




luns, 16 de marzo de 2015

CUMPREANOS ROI

Hoxe Roi celebrou o seu 5º CUMPREANOS  Con todos nós.


Ademais dos BOLIÑOS que fixo como receita da maleta viaxeira este fin de semana ademáis trouxo unha TARTA que representaba a BOB ESPONJA. Espectacular!



Moitísimas grazas por todo Roi! Espero que gozaras ao máximo do teu cumpreanos no cole.

MALETA VIAXEIRA

Empezamos outra nova semana, e coma sempre volven á clase a maleta e o maletín.

* LARA trouxo de volta o MALETÍN DOS ANIMAIS, co álbum de cromos que tanto lle gustou e cun mónton de fotos da súa mascota, unha perriquita australiana chamada Lula (coma a nosa mascota de aula). 
Lula foi un agasallo que lles trouxo no Nadal Papá Noel, para ela e para o seu irmán Alex. Lara quedou encantada pois estaba desexando ter unha mascota. 
No libro das mascotas, ademáis, falounos un pouco dos coidados que precisan os periquitos: darlles sementes para comer, auga para beber e limparlles a xaula. 
Ademais contounos que Lula é moi alegre e que sempre está cantando.
Tamén nos recordou que hai que coidar e respetar a todos os animais. Ben falado Lara, tes toda a razón!



* ROI trouxo da súa casa a MALETA VIAXEIRA, para contarnos todo o que fixera con ela. Desfrutou da compaña de Lula e Manoliño, a quen levou á súa finca, a ver o porco e as galiñas dos seus avós e tamén ao médico. A Lula regaloulle uns tenis chulísimos, que lle quedaban xenial!
O conto "A que sabe a lúa?" gustoulle moito, e recordoulle a unha noite de lúa chea que saíu de paseo cos seus pais, na que atopou moitos animais: un ourizo, morcegos, cans, un raposo... 
Roi deixou voas a súa imaxinación e coa axuda da súa familia creou unha xoaniña moi especial: con corpo de aorodo, manchiñas con pepitas e cabeza de castaña. Tamén fixo un "Rollomoucho" cun rollo de papel e pintura. Trouxoo para o cole e puxémolo vixiando no moble da porta. Moi bo traballo!
De receita elaborou uns boliños que tivemos a sorte de probar e a verdade e que estaban deliciosos!
Moitísimas grazas Roi!

    








Hoxe é un día especial...
Pois a MALETA VIAXEIRA deixa de viaxar. Xa percorreu as casas de todos os nenos e nenas da clase. Agora Lula e Manoliño acompañarannos o que queda de curso na aula, e entre todos recordaremos todas as historias que viviron.
Traballaremos o conto de a a que sabe a lúa revivindo todas as versións que contaron os alumnos e as súas familas.
Recordaremos todos os animais inventados e as receitas elaboradas.
So me queda dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración. Por apioar e participar en cada proxecto ou idea que intento levar a cabo e que sen a vosa axuda non sería posibel.


MOITÍSIMAS GRAZAS!


EH! Pero o MALETÍN DOS ANIMAIS si que segue o seu camiño, e este semana viaxa á casa de LUCAS.



sábado, 14 de marzo de 2015

ANIMAIS: Husky Siveriano

De novo aproveitamos algo que trae un neno ao cole para seguir aprendendo cousas sobre os animais.

Isto é a maxia da educación, poder buscar algo significativo para os alumnos, neste caso un peluche, para aprender. 

TELMO trouxo un peluche moi bonito dun canciño. Ao velo pregunteilles se sabían de que raza se trataba (pois cando falamos das mascotas falamos e vimos diferentes razas de cans e tamén de gatos). Como nos sabían a resposta, expliqueilles que se trataba dun HUSKY SIBERIANO.


Buscamos unha foto na PDI para comparala co peluche. Observamos que se trata de cans que se parecen moito aos lobos, grises e brancos, cos ollos azuis. E que proceden dun lugar chamado Siberia, de ahí o seu nome. Buscamos Siberia no mapa e situamolo en Rusia.

               

Falamos de que son cans que están preparados para estar en zonas frías, onde hai neve, e que son expertos tiradores de trineo.


Xa sabemos un pouqiño sobre esta raza de can!