De novo aproveitamos algo que trae un neno ao cole para seguir aprendendo cousas sobre os animais.
Isto é a maxia da educación, poder buscar algo significativo para os alumnos, neste caso un peluche, para aprender.
TELMO trouxo un peluche moi bonito dun canciño. Ao velo pregunteilles se sabían de que raza se trataba (pois cando falamos das mascotas falamos e vimos diferentes razas de cans e tamén de gatos). Como nos sabían a resposta, expliqueilles que se trataba dun HUSKY SIBERIANO.
Buscamos unha foto na PDI para comparala co peluche. Observamos que se trata de cans que se parecen moito aos lobos, grises e brancos, cos ollos azuis. E que proceden dun lugar chamado Siberia, de ahí o seu nome. Buscamos Siberia no mapa e situamolo en Rusia.
Falamos de que son cans que están preparados para estar en zonas frías, onde hai neve, e que son expertos tiradores de trineo.
Xa sabemos un pouqiño sobre esta raza de can!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.