mércores, 4 de marzo de 2015

ANIMAIS: Os nosos Gatos

Como xa sabedes as íultimas semanas, dentro do proxecto dos animais centrámonos nas mascotas.

Estes días estamos a falar do GATO. Entre todos, pensando nos gatos que algúns teñen de mascotas, algún gato que viron, imaxes que pusxemos na PDI, debuxos dos contos... describimos ao gato deste xeito: animal con 4 patas, un rabo longo, orellas puntiagudas con forma de triángulo, bigotes, co corpo cuberto de pelo, gran cazador de ratos, que lle encanta o queixo.



Recordamos a MURFI o gato de HELENA que veu un día de visita ao cole coa súa mamá, e contounos un montón de cousas sobre estas mascotas: 
- que non fai falta bañalos porque os gato lámense coa súa lingua.
- que fan as súas necesidades nunha caixa de area.
- que hai que darlles de comer e de beber.
- que son moi tranquilos e durmiñóns.
- que, concretamente Murfi, é moi tímido, e cando non coñece a alguén agóchase.
De feito estaba un pouco medorento ao ver a todos os pequechiños rodeándoo.


Pero encantounos que viñera de visita, pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas.

* Esperamos seguir recibindo a visita de máis mascotas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.