xoves, 12 de marzo de 2015

ANIMAIS: Pavo Real





TROUXEN PLUMAS DE PAVO REAL.
HELENA





* Hoxe Helena trouxo unhas plumas que lle colleu aos pavos reais do seu avó Moncho.
De maneira que aproveitamos para aprender máis cousas sobre este animal.

* Observamos que tiña o corpo cuberto de plumas, dúas patas e ás, polo que o clasificamos dentro do grupo das AVES.

* Se son aves, son OVÍPARAS: poñen ovos.

* Recordamos que cando falamos das aves había algunha que non podía voar: galiña, avestruz, pingüín... e tamén o pavo real!

* Buscamos fotos na PDI para ver a cola do pavo real aberta, e pareceúsenos a un abanico, que estaba cheo de moitas plumas coma as que nos trouxo Helena.



* Observamos as plumas de preto: eran longas, con pequenas plumiñas alongadas e verdes escuras todo ao longo e no final da pluma cunha forma redondeada en tons verdes e azuis.
















* Exlicamos que se trataba de plumas de pavo real MACHO, xa que a femia é menos vistosa (como pasa ca gran maioría das aves) 

*  Tendo en conta todo o aprendido e observado pasamos a facer un debexo:

 OS NOSOS PAVOS REAIS 


MOITAS GRAZAS HELENA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.