venres, 6 de marzo de 2015

SAÍDA POLO CONCELLO

Aproveitando o bo tempo destes días, hoxe todos os cursos de Educación Infantil saímos de ruta polo noso CONCELLO: Pontecesures.

* Primeiro repasamos todas as normas que hai que respetar en ter en conta cando facemos unha saída:
- Ir sempre agarrados á corda.
- Non perder de vista á profe.
- Ter coidado cos coches.
- Camiñar sempre pola beirarúa.

Puxemos os abrigos e colocamos os panos laranxas que sempre nos poñemos cando imos de excursión. Neles vai o nome do cole e o número de teléfono.

* Tamén recordamos que se nos perdemos, non debemos poñernos nerviosos nin chorar. Temos que intentar non alonxarnos moito, buscar un adulto e dicirlle que nos perdemos, dicirlle o noso nome e o noso colexio, e pedirlle porfavor que chame ao número de teléfono que aparece no pano.


Saímos do cole e comezamos a camiñata. Baixamos cara o paso elevado en dirección á IGREXA...




Hoxe coincidíu que había mercadillo no pobo, e cruzámolo para dirixirno á ESTACIÓN a ver como pasaba o TREN...



Alí repuxemos forzas comendo unhas GALLETAS. Mmm... que boas estaban!


Fixemos unha pequena paradiña diante do monumento do COCHE ANTIGO. 


Co bandullo cheo dirixímos cara a PRAZA DE ABASTOS para ver os diferentes postos que había e que productos vendían.




Ao sair a churreira da CHURRERÍA CHOCOLATERÍA SANDRA regalounos churros a todos. Estaban deliciosos!
MOITÍSIMAS GRAZAS por ter ese gran detalle con nós! 


Dirixímonos cara o porto para ir ver como PESCABAN AS LAMPREAS!



Familiares de varios alumnos adícanse á pesca. 
Na nosa clase tivemos a sorte de ver ao avó de Paula. Gracias a él e tamén á súa nai Lorena por axudarnos a organizar esta actividade e colaborar con nós.



Primeiro miramos como as LEVANTABAN e despoís baixamos e a nai de Sheila e Josito (alumnos de 5 A e de 3 anos) ensinounos as lampreas de preto, para así poder fixarnos en como eran: a cor, forma, buratiños por onde respira, ollos e sobretodo esa boca tan impresionante...



Os alumnos que quixeron puideron tocalas para comprobar a súa textura.

De regreso ao cole atopámonos coa nosa compañeira HELENA, que esta semana está recuperándose dunha operación de vexetacións. 
Presentounos ao seu irmán Héctor, que naceu hai pouquiño. Asombrounos o pequerrechiño que era. Guapísimo!


Chegamos ao cole esgotados, pero mereceu a pena, pois pasamos unha mañán inolvidable!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.