luns, 30 de marzo de 2015

"EL LIBRO NEGRO DE LOS COLORES"

LUCÍA trouxo ao cole un libro que nos encantou e nos deixou abraiados!

Titulábase:
"EL LIBRO NEGRO 
DE LOS COLORES"


O que primeiro nos chamou a atención foi que ao abrilo, todas as páxinas eran negras, de longe, apenas se distinguía nada... pero pronto nos percatamos que eso era precisamente o que facía ten especial e fermoso a este libro.

O protagonista do libro é un neno chamado Tomás, que... É CEGO, non pode ver, de ahí que as páxinas do libro sexan negras. O texto para podelo ler está en cor prata, pero xunto enriba, aparecían uns pequenos puntiños en relieve... de que se trataba?



Pois tratábase do CÓDIGO BRAILLE: o sistema polo que a través do TACTO as persoas cegas poden ler.

De xeito que despois de ler pasábamos os dedos despaciño por riba dos puntiños.



Cada cor estaba descrito non só a través do tacto, pois tamén describía a que ulían, como sabían ou como soaban. Pois as persoas que carecen do sentido da vista, empregan os outros 4 sentidos: oído, olfato, gusto e tacto, para poder percibir a realidade. (introduxemos o concepto dos 5 SENTIDOS)

Tamén experimentamos como sería non poder ver: cos ollos tapados intentamos desprezarnos pola aula. Démonos conto que tiñamos inseguridade, medo de tropezarnos con algo, caer... 

Para evitar esta sensación, e poder desprazarse libremente, os cegos axúdanse de BASTÓNS especiais cos que van movendo a un lado e ao outro para ver que obstáculos atopan. E tamén contan con cans LAZARILLOS. (Bscamos e observamos imaxes relacionadas na PDI)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.