venres, 13 de marzo de 2015

ANIMAIS: as nosas Tartarugas

Seguindo co proxecto dos animais, no marco das mascotas, esta semana realizamos unha manualidade moi chula para facer unhas TARTARUGAS!


Acordámonos moito de LALA a tartaruga de Zoe que nos fixo compaña todo o primeiro trimestre.
Ela serviunos de modelo para realizar esta manualidade.

Recordamos que hai varios tipos de tartarugas:
- MARIÑAS
- TERRESTRES
- SEMIACUÁTICAS
As que temos de mascotas son estas últimas, que ademáis son de auga doce.

Distinguímolas sobretodo polas súas patas: as terrestres téñenas preparadas para camiñar e as mariñas teñen aletas para nadar.

Como curiosidade aprendemos que as tartarugas son tan lentas debido ao gran peso que teñen as súas cunchas. Que son com escudos, corazas que lle serven para protexerse, por iso son tan duras e pesadas... Non é nada facil moverse levando tanto peso!


* Pintamos unha casca de noz con pintura verde
* Fixeémoslle a cabeza, o rabiño e as 4 patas con plastilina
* Na cabeza colocámoslle 2 olliños
* Picamos un pequeno charco en cartolina azul para colacala.

Este foi o resultado:









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.