luns, 2 de marzo de 2015

MALETA VIAXEIRA

LUNS...

Día de volver ao cole para contar o que fixeron na fin de semana, pero sobretodo momento de abrir a MALETA e o MALETÍN que pasaron toda a semana na casa de dous pequechiños. 



* A MALETA VIAXEIRA chegou da casa de DAMIÁN, que levou a Lula e a Manoliño a moitos sitios: á casa dos avós, á fabrica do seu pai, a súa clase de teatro...
Os animais que ideou Dami foron un caracol feito cunha palmeira de hoxaldre, e un gusaniño cunha caixa d ovos e unha máza. Canta imaxinación, bo traballo!
Sorprendeunos sendo un grn chef e elaborando uns CHUPACHÚS DE CARNE co seu irmá Julián. Tiñan unha pintaza... mmm!

* O MALETÍN DOS ANIMAIS chegou da casa de GABRIELA, quen nos falou do seu canciño COQUI, un cachorro de bull dog francés e do can dos seus padriños.
Debe ser por iso que nos dixo que os animais que máis lle gustaron do álbum, foron os cans.





* A MALETA foi para a casa de LUCÍA.










* O MALETÍN marchou con ENMA





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.