luns, 9 de marzo de 2015

MALETA VIAXEIRA

Chegou o luns de novo, e a maleta viaxeira e o maletín dos animais retornaron á aula.

* A MALETA VIAXEIRA chegou das mans de LUCÍA, que contenta ensoinounos o diario no que recopilou todo o que fixo.
Como veu moi bo tempo aproveitou para sacar a Lula e a Manoliño de paseo na súa bici, tamén os levou a patinar, a clase de coro... que ben o pasaron!
Con axuda da súa mamá Lucía fixo unha versión do conto "A que sabe a lüa", con rima e todo... gustounos moito!
Deixou voar a súa imaxinación e creou un montón de animais cos obxectos da casa: unha bolboreta cunhas ás e un termómetro, unha serpe coa ducha, unha libélula cun lazo e unha piruleta, e un coelliño co frasco do xabrón.
Ademáis trouxonos LIBÉLULAS DE PIRULETA para todos!
Para rematar deleitounos cunha receita de biscoito de desaiuno,. Que pintaza!



* ENMA trouxo e volta o MALETÍN DOS ANIMAIS. Durante a semana que o tivo na súa casa aproveitou para mirar e remirar o álbum de cromos de animais.
E no libro das mascotas falounos do seu canciño Puki. Un regalo que lle fixeron ao seu irmán Hugo, a cambio de 1 Euro. Puki é un máis da familia e acompáñaos a todas partes xa que lle encanta pasear en coche. Este fin de semana levárono con eles a pasear pola praia.
Tamén nos falou dos gatos da súa nai e do seu tío. E puidemos  ver unha foto do seu loro Lucas, que era capaz de chamar por Enma e de imitar diferentes sons.


* A MALETA VIAXEIRA marcha con ROI. Xa é a última familia que lle falta por visitar.

* O MALETÍN DOS ANIMAIS marcha para a casa de LARA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.