O outro día mentres plantábamos a camelia os pequenos comezaron a moverse e a fixarse que o campo estaba cheo de MIÑOCAS.
Ao rematar a plantación, a nosa clase aproveitou a ocasión para quedarnos a observar máis de preto e con calma a eses animais.
A algúns dábanlle algo de asco ou incluso algo de medo, pero collín unha na man para que viran que non pasaba nada, que eran totalmente inofensivas.
Os que quixeron tocáronas con coidado para non mancalas, e así ver que as miñocas son blandiñas.
Observamos que o seu corpo e dun tono marrón e moi alongado (como unha serpe en miniatura). Ademaís fixámonos en que ten o corpo cuberto de aneis de ahí que pertenza ao grupo de animais denominádo ANÉLIDOS.
Quedámonos mirando como se movia, e démonos conta que para desprazarse vai alongando e encollendo o seu corpo, e con eses movemento avanza.
Tamén aprendemos que é un animal subterraneo. Que anda por debaixo da terra facendo túneles.
As miñocas serven de cebo para que os pescadores pesquen os peixes. Tamén son uns animais que lles encantan ás galiñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.