martes, 10 de marzo de 2015

ANIMAIS: Osos

Calquera momento, calquera circunstancia, calquera obxecto, calquera cousa... é boa para aprender!

Hoxe Paula trouxo un boneco pequerrechiño de oso polar. Cando estaban deixando os abrigos e collendo os mandilóns, ensinoullos aos seus compañeiros, que lles gustou moito.

Así que unha vez dentro da aula, cos mandilóns postos e a asamblea rematada. Quedamos un anaquiño máis sentados no corcho para falar un pouco do osiño de Paula.

Enma recordou que ela trouxera á clase un peluche de oso polar (que gardamos nas cestas de material do proxecto dos animais) e foi a buscalo. 














* OSO POLAR: falamos que se lle chamaba así porque vivía no Polo, un lugar onde fai moito frío sempre hay neve (buscámolo no mapa). Fixámonos na cor do oso polar, e reflexionamos sobre por que é branco? e chegamos á conclusión de que era para camuflarse entre a neve (xa falaramos do camuflaxe un día que contamos un conto no que aparecía un camaleón).
Tamén pensamos a que grupo de animais pertencía, e tendo 4 patas, o corpo cuberto de pelo, e ter ás crías dentro da "barriga"... démonos conta que era un mamífero.
Buscamos unhas fotos na PDI para velo mellor, e puidemos observar que un oso polar estaba comento un peixe e outro unha foca, polo tanto son carnívoros.


Despois de falar do oso polar, aproveitei a ocasión para preguntarlles que máis tipos de osos coñecían, e rebuscamos entre as cestas de peluches de animais, para ver se atopaban algún oso.

Efectivamente había varios: oso panda e oso pardo que Gabriela trouxera.

* OSO PARDO:  o seu nome é debido á cor parda da súa cor (un tono de marrón escuro). Este oso vive nos bosques, e tamén é carnívoro. Encántalle meterse nos ríos para pescar coa súa boca os salmóns cando saltan. Na PDI vimos fotos chulísimas dos osos pardos pescando.

 





* OSO PANDA:  Hoxe xusto de casulaidade LUCÍA trouxo ao cole unha cazadora de osiño panda!
Ten unha mestura de cores: orellas, ollos e patas negras. Este oso é de Asia (falamos dos diferentes continentes, o noso que é Europa e pegado a nós está Asia). Aos pandas encántalle comer bambú. Como non sabían o que era, buscámolo na PDI.

   







DE OSOS FOI O CONTO!

* Gracias a un pequeno detalle abriuse unha fiestra á aprendizaxe, que nos permitiu saber un pouquiño máis sobre estes animais.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.