xoves, 5 de marzo de 2015

PLANTACIÓN DA CAMELIA "BELLA OTERO"

Por fin a choiva dounos un respiro e deixou asomar ao sol.

Por iso hoxe aproveitamos para plantar a camelia coa que nos obsequiaron por participar na Exposición.

Xuntámonos todos os alumnos participantes e procedemos á plantación:
- cavar un burato na terra
- regalo un pouco
- introucir a camelia
- tapar o burato
- e regar de novo


Agora so queda esperar a que floreza!

Despois de plantala decidimos bautizar á nosa camelia co nome de "BELLA OTERO" na honra da exposición.



Por si queredes pasar a vela, está situada na entrada principal do colexio, pegada ao muro que está preto de administración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.