venres, 12 de xuño de 2015

TÍTERES ANIMAIS SALVAXES

Os pequenos realizaron unha nova manualidade realcionada co noso proxecto:

TÍTERES DE ANIMAIS SALVAXES

Así poderán inventar historias, contar contos, improvisar diálogos... empregando estes simpáticos animais.

Cada alumno leva 4 títeres diferentes, de xeito que non lle chegan os dedos para empregalos todos á vez... Familia, animádesvos a xogar e facer de contacontos cos vosos pequenos?

RINOCERONTE 
                     CEBRA   
                               GUEPARDO  
                                               HIPOPÓTAMO






A DIVERTIRSE!

LECTOESCRITURA: Letra W

E así, pouco a pouco, pasiño a pasiño, chegamos ao remate do curso e tamén á última letra que nos quedaba do ABECEDARIO.


A verdade e que dende o curso pasado, cando xa estábamos en 3 anos, fixemos un gran percorrido polo ABC centrándonos primeiro nas iniciais dos nomes dos alumnos e posteriormente no resto das letras de cada un dos seus nomes. Así que practicamente coñecemos o trazo e o son de case todas as letras.

Seguindo esta filisofía, durante todo o curso, ede xeito global traballamos a lectoescritura, cada día e asociándoa aos diferentes proxectos e conmemoracións. E de xeito un pouco máis concreto, traballamos o ABECEDARIO pensando palabras, sempre gracias á fonética de cada letra, e escribíndoas na PDI.

Estou realmente orgullosa da gran evolución do grupo clase.

Poñemos punto e final a este percorrido coa Letra W

No medio do seu nome, HIWOT ten a W:



Tamén hai ANIMAIS ben curiosos que teñen esta letra:



                   E algunha que outra cousiña coa W:




As nosas palabras coa W:



xoves, 11 de xuño de 2015

GRADUACIÓN 12.15

Hoxe foi un día moi especi para todos, pero en especial para os alumnos de 5 ANOS e para as súas mestras, xa que hoxe celebraron a súa GRADUACIÓN.

Chegaron ao final da etapa de INFANTIL para o curso que ven comezar unha nova etapa en PRIMARIA.

Foi un acto moi emotivo que culminou coa entrega de agasallos e co recoñecemento de todas ás nais, non só ás titoras, senón a todas as metras de Educación Infantil.

Moitísimas grazas, pola parte que me tocou! E engadir que foi todo un pracer e un orgullo poder participar na preparación desta graduación. 




mércores, 10 de xuño de 2015

LECTOESCRITURA: Letra X

XA chegou a X!

Unha letra que deu moito de sí, e que fixo que a gran maioría das palabras que pensaron os pequenos foran en galego, xa que esta letra é moi representativa da nosa lingua.
NOMES



COUSIÑAS...




Escribimos un montón de palabras con X nós soiños...


martes, 9 de xuño de 2015

AS NOSAS RÁS

Este curso aprendemos moitas cousas interesantes sobre os animais. Desta vez toconos falar dun grupo de animais moi peculiares: OS ANFIBIOS

Animais que nacen de ovos na auga e sufren unha metamorfose a medida que medran. Logo de adultos poden vivir na auga e na terra, pero teñen que ter sempre a pel húmida. 

Dentro deste grupo, entre outros, atópanse as RÁS:
- Anfibios
- Ovíparas
- Carnívoras (coa súa longa e pegañenta lingua atrapan os insectos)
- 4 patas chamadas ancas (coas que poden saltar)

Despois de ver varias imaxes na PDI de moitas rás de diferentes formas, tamaños, cores... realizamos os nosos debuxos.

Así nos quedaron...

AS NOSAS RÁS



LECTOESCRITURA: Letra F

Estámonos volvendo todos uns expertos nesto da LECTOESCRITURA, ademáis encántanos pensar palabras para despois escribilas na PDI.
Unha letriña que nós "fai resoprar" fffffff... Letra F


APELIDOS



ANIMAIS



COUSIÑAS VARIAS...




Aínda que escribir nós soiños no papel, tamén se nos da cada día mellor...







luns, 8 de xuño de 2015

SORPRESA!

Nós pensabamos que a nosa urna dos vermes do anís xa estaba baleiro, pois todos os casulos eclosionaran... tan so quedaban 2 que estaban de cor marrón e pensabamos que os vermes non conseguiran facer a METAMORFOSE. 

Pero hoxe ao entrar na aula... 

SORPRESA!

Unha nova bolbereta! Tan fermosa coma as demais. Que deixou que a observásemos de preto antes de soltala para que voase libremente.



MALETÍN DOS ANIMAIS

Hoxe o  MALETÍN DOS ANIMAIS fixo o seu último viaxe de regreso ao cole, e fíxoo dende a casa de LUCÍA, quen o pasou xenial ollando o álbum de cromos, no que o seu animal favorito foi o golfiño e encantoulle tocar os cromos peludiños dos roedores.

No LIBRO DAS MASCOTAS, ensinounos unhas fotos de cando lle fixo unha visita a PATRIOTA e a NURIA, a águía e a súa coidadora, que hai unhas semanas viñeran a realizar unha exhivición ao noso cole.

Lucía falounos das súas mascotas:

* MICHIÑA: a gatiña que tiveramos a sorte de coñecer cando fomos de visita á súa casa.

* OS PEIXIÑOS DE CORES do seu acuario.


Ademais fixo una animais moi chulos empregando unha pasta para manualidades. Quedaron chulísimos!


Encantounos Lucía!



O NOSO MALETÍN DOS ANIMAIS


sábado, 6 de xuño de 2015

OS NOSOS ANIMALIÑOS... DE XOGUETE!

Grazas á todo o que van traendo cada día os pequenos á clase, seguimos aprendendendo e repasando cousas sobrre os ANIMAIS!


GRAZAS PEQUES!

venres, 5 de xuño de 2015

LECTOESCRITURA: Letras N, Ñ

Que letra parece que soa dende o "nariz"? Pois a N... 

Letra N






 



E que pasa se á letra N lle poñemos "bigote"? 
Pois que aparece a Ñ... 

Letra Ñ