Este curso aprendemos moitas cousas interesantes sobre os animais. Desta vez toconos falar dun grupo de animais moi peculiares: OS ANFIBIOS
Animais que nacen de ovos na auga e sufren unha metamorfose a medida que medran. Logo de adultos poden vivir na auga e na terra, pero teñen que ter sempre a pel húmida.
Dentro deste grupo, entre outros, atópanse as RÁS:
- Anfibios
- Ovíparas
- Carnívoras (coa súa longa e pegañenta lingua atrapan os insectos)
- 4 patas chamadas ancas (coas que poden saltar)
Despois de ver varias imaxes na PDI de moitas rás de diferentes formas, tamaños, cores... realizamos os nosos debuxos.
Así nos quedaron...
AS NOSAS RÁS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.