martes, 2 de xuño de 2015

REUNIÓN DE FIN DE CURSO

PARA AS MIÑAS "MAMIS" E "PAPIS":

A reunión de hoxe non so escondía unha reflexión sobre este curso que chegaba ao seu fin... senón que escondía unha despedida con sabor amargo!

Todo o curso, meses, semanas, días... preprarándome para este momento, pero nunca se está preparada para algo así!

Despois de dicir moitas palabras antes de chegar á gran noticia, quedeime sen elas e deixaron paso ás bágoas.

Unas bágoas coas que me acompañáchedes e me fixéchedes ver e sentir o gran cariño e apoio que sentides pola miña labor como mestra... so podo dicir:

GRAZAS, GRAZAS E MIL VECES GRAZAS A TOD@S!

Aínda que a tristeza e a pena estaban presentes no meu corazón conseguíchedes que me sentise chea de orgullo por un traballo ben feito, que non houbese sido posible sen a vosa axuda e sen os vosos fill@s.

Non quero que soe aínda a despedida pois quero gozar ao máximo das semanas que me quedan e sobretodo facer desfrutar a tope aos meus e vosos pequechiñ@s!

As palabras de despedida gárdomas para un pouquiño mais adiante... porque asegúrovos que volas merecedes!

Agora, co corazón nun puño todavía, non podo deixar de ver unha e outra vez o video que me prepararon as miñas compañeiras... menuda sorpresa! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.