venres, 19 de xuño de 2015

DESPEDIDA...

Hoxe era un deses días de sentimentos encontrados... moita tristeza ao saber que era o día no que nos tiñamos que despedir, pero, por outra banda, tamé, era un día que desexaba compartir con tod@s vós.

A mañán comezou coma cada día, coa encarga pasando lista (alumnos e familia), e realizou as rutinas diarias, para que así puidesedes ver como comezaron cada un días de cole dos vosos peques. 

Unha maneira de "entrar en calor" para en seguida poñernos mans á obra e "romper o xeo" facendo PLASTILINA CASEIRA.
Mamis, papi e avoas tocoubos enzoufar as mans.



Creo que foi unha boa idea para que relizarades unha actividade conxunta, divertida, entretida... pois non hai nada mellor que compartir momentos así.

E despoís de "amasar" tocou poñerse a crear... Compartíchedes cores, mesturáchedes, estiráchedes a plasti e déchedeslle un mónton de formas super chulas.


Pero de repente... cunha "falsa alarma" e compinchadas coa profe Patri fixéchedesme saír da aula, e ao volver e abrir a porta... Estábame agardando un PASILLO DE ROSAS fromado polos meus alumnos. A emoción, que xa estaba a flor de pel, non tardou en aflorar...



Un descanso para repoñer forzas cun pouco de biscoito, torata de mazá (cortesía da avoa de Bruno) e uns gusanitos... 


Pero de novo mentres proxectaba en primicia o video do verán que grabaramos cos peques, argardáchedes o xeito de volver a sorprenderme... e de que xeito!

Unha fofucha personalizada, unha bolsiña cun agasallo, e un libro moi especial, xa que cada páxina contiña as fotos e as palabras de agrdecemento dos "meus peques".



Sentarme, abrilo, comerzar a ler e chorar... foi todo unha!


Pero a vosa poesía final, de recoñecemento con palabras de cariño foi precioso e moi emocionante. 

Eu tamén preparara unhas palabras para vós, que me costou decir porque ás bagoas, a emoción e a pena, non me deixaban (por iso tamán vola din impresa


Eu tamén tiña uns agasallo para eles, para que se acorden sempre de min e me teñen presente!



Rematado este día tan so me queda agradecervos todo o que fixéchedes por min: empezando polo gran esforzo que fixéches por buscar a maneira de dedicarme toda a mañán, polas vosas palabras que me fan sentir un gran orgullo e unha inmensa satifacción, polas vosas apertas cheas de cariñoe polos vosos agasallos que foron incríbles.





GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS...

Estaría dándovos as grazas eternamente.


Sabedes que podedes contar conmigo para todo o que necesitedes, para iso vos dei o meu correo e mou número de móvil. Pois espro manter o contacto a pesar de ter que marchar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.