venres, 12 de xuño de 2015

LECTOESCRITURA: Letra W

E así, pouco a pouco, pasiño a pasiño, chegamos ao remate do curso e tamén á última letra que nos quedaba do ABECEDARIO.


A verdade e que dende o curso pasado, cando xa estábamos en 3 anos, fixemos un gran percorrido polo ABC centrándonos primeiro nas iniciais dos nomes dos alumnos e posteriormente no resto das letras de cada un dos seus nomes. Así que practicamente coñecemos o trazo e o son de case todas as letras.

Seguindo esta filisofía, durante todo o curso, ede xeito global traballamos a lectoescritura, cada día e asociándoa aos diferentes proxectos e conmemoracións. E de xeito un pouco máis concreto, traballamos o ABECEDARIO pensando palabras, sempre gracias á fonética de cada letra, e escribíndoas na PDI.

Estou realmente orgullosa da gran evolución do grupo clase.

Poñemos punto e final a este percorrido coa Letra W

No medio do seu nome, HIWOT ten a W:



Tamén hai ANIMAIS ben curiosos que teñen esta letra:



                   E algunha que outra cousiña coa W:




As nosas palabras coa W:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.