sábado, 13 de xuño de 2015

XOGANDO NOS RECUNCHOS

Unha das RUTINAS diarias da nosa aula é o xogo por RECUNCHOS:

* BIBLIOTECA: con libros, marionetas e títeres. (Tamén se transforma no recuncho do proxecto, no que este curso garda todos os materiais relacionados cos ANIMAIS que os alumnos trouxeron das súas casas).

* PUZZLES E ENCAIXABLES: de diferentes materiais e formatos. (Tamén inclue a zona da pzarra magnética con puzzles de imán e letras e números magnéticos).

* COSTRUCCIÓNS: con todo tipo de pezas diferentes, e ademáis coches, ferramentas...

* ARTÍSTICO: con todo tipo de materiais plásticos, para que deixen aflorar a súa vena creativa: temperas, ceras brandas, rotuladores, todo tipo de papeis... tamén inclue a plastilina.

* COCINIÑA: onde poden realizar todo tipo de xogos relacionados coa casa, a famila, cociñar, coidadr dos nenos...

Contamos con 5, un para cada día da semana, e un sistema de tarxetas de cores, coas fotos de cada neno e a cor de cada recuncho, de xeito que cada día elixen en que recuncho queren xogar, e ao rematar a semana pasan por todos os recunchos.

Comparten xogos, crean situacións cos xoguetes de cada recuncho, inmaxinan historias e convértense en diferentes personaxes...

PÁSANO EN GRANDE!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.